Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 03 de Mayo de 2018 Tiempo de lectura:
Dentro do seu Plan Municipal de Lombos e Pasos de Peóns Elevados

Mos instala 23 reductores de asfalto en 10 viais

O plan comezou a finais de 2017 e no prazo dun ano espérase ter acometido 50 elementos.

[Img #40882]

 

A finais do pasado ano 2017 o Concello de Mos iniciou un plan de lombos reductores de velocidade para os viais máis transitados do municipio. O devandito plan comezou xa a súa segunda fase en 10 camiños e estradas mosenses nas que se instalarán un total de 23 elementos reductores (lombos e pasos de peóns elevados) de velocidade para mellorar a seguridade viaria.


O concelleiro de Vías e Obras, Luis Alonso, informou  de que o Concello iniciou a seguda fase do plan e declarou que “deste xeito preténdese incrementar a seguridade viaria tanto para os veciños e veciñas das zonas beneficiarias desta medida, como para os viandantes e conductores que transiten polas mesmas”.


Continúase así co compromiso do goberno local de manter en óptimas condicións as estradas e camiños do Concello en aras de preservar a seguridade de condutores e peóns.


O criterio seguido para a ubicación dos lombos e os pasos elevados desta segunda fase do plan foi "priorizar as zonas nas que os vehículos alcanzan velocidades elevadas  a pesar de ser lugares con vivendas, colexios ou centros sociais e culturais próximos, as zonas nas que existe concentración de nenos ou adultos por acudir a colexios e centros nos que se imparten actividades para eles e as zonas recentemente urbanizadas e que, dadas as súas características, incitan a recorrelas a gran velocidade" explican dende o Concello de Mos.


Deste xeito no entorno do Multiusos das Pozas e o Colexio das Escravas da Virxe Dolorosa na parroquia de Petelos dispuxéronse dous lombos na estrada das Pozas e un paso de peóns no Camiño das Barxas.


Na Estrada Alto de Barreiro – Santiaguiño, na parroquia de Torroso instalaranse 3 lombos. No Camiño do Castro na parroquia de Mos instaláronse outros 3 lombos. No entorno do Campo de Fútbol das Baloutas, parroquia de Petelos, 1 lombo e 1 paso de peóns elevado. No entorno do torreiro de Santa Ana de Veigadaña acometéronse 2 lombos (un no Camiño de Santa Ana e outro no Camiño das Lagoas). Na Rúa Rans, parroquia de Tameiga, colocaranse 2 pasos de peóns elevados. No entorno da Igrexa de Pereiras 3 lombos. Na Estrada da Vía, parroquia de Tameiga, 1 lombo e 1 paso de peóns elevado. No Camiño das Barxas, Cerdedelo, parroquia de Torroso 2 lombos. E na Estrada a Tui en Herville, parroquia de Cela, 1 lombo.


O Concello de Mos investirá en mellorar a seguridade viaria nestes 10 viais un total de 56.703,99 euros.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.