Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 04 de Mayo de 2018 Tiempo de lectura:
TUI

O concello de Tui recada máis 13.700€ tras regularizar a situación dos postos do mercado semanal

Reclamóuselles a cantidade adebedada a aqueles que tiñan algún recibo pendente, e de non facer o pago non poden volver monta os seus postos.

[Img #40914]

 

O Concello de Tui  vén de recadar 13.712 € no proceso de regularización do mercado semanal dos xoves levado a cabo nos últimos meses. Con esta actuación, iniciada no mes de febreiro, buscou que todos os vendedores ambulantes que acoden ao mercado que se celebra os xoves na cidade estean ao día no pago das correspondentes taxas. Para iso comunicóuselles a aqueles que tiñan pendente algún recibo a cantidade adebedada e déuselles un prazo de 30 días para facer efectivo o pago.


Deste xeito búscase regularizar a situación do mercado semanal e que non se producira ningunha situación de agravio comparativo entre os que estaban ao día no pago das taxas e aqueles outros que tiñan algún recibo pendente. Deste xeito aqueles que non están ao corrente nos pagos non poden montar o seu posto no mercado.


Por outra parte rematou tamén o prazo dado dende o goberno municipal de presentación de propostas para cambiar o emprazamento actual do mercado semanal, sen que se presentara ningunha achega. Deste xeito o alcalde, Carlos Vázquez Padín, explica que continuarán a traballar na proposta de mudar todos os postos para a prolongación da rúa Casal Aboy, tal e coma se tiña avanzado no mes de febreiro.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.