PROVINCIA
A Deputación pon en marcha desde este xoves a III Edición de “Degusta Europa”
O mercado da Guarda será o primeiro en acoller a degustación que neste caso será elaborada polo alumnado do Centro Manuel Antonio que tamén cociñará en Cangas e Vigo.
Este xoves comeza unha nova edición de “Degusta Europa”, a actividade organizada pola Deputación de Pontevedra, arredor do Día de Europa (o 9 de maio), que volverá levar aos mercados da provincia “a innovación e vangarda gastronómica da man do alumnado dos centros Carlos Oroza de Pontevedra e Manuel Antonio de Vigo, para pór en valor os nosos mercados e produtos elaborando en directo e con produtos das nosas rías e da nosa terra unha serie de tapas inspiradas na temática europea.
O Centro Carlos Oroza de Pontevedra será quen poña en valor os produtos da provincia nos mercados de Lalín, Marín e Vilagarcía
“Degusta Europa”, que serviu máis de 20.000 tapas nos anos 2016 e 2017, chega nesta quenda da man do alumnado do Manuel Antonio aos mercados da Guarda, o 3 de maio de 11:00 a 12:00 horas, Cangas, o 4 de maio de 12:00 a 13:00 horas e ao do Progreso de Vigo, o 8 de maio de 11:00 a 12:00 horas. Ademais, da man do alumnado do Carlos Oroza, “Degusta Europa” desenvolverase en Lalín, o 10 de maio de 12:00 a 13:00 horas, Marín, o 11 de maio de 11:00 a 12:00 horas, e a Vilagarcía, o 15 de maio de 11:00 a 12:00 horas. Os obxectivos desta actividade son poñer en valor os produtos locais, recuperar a imaxe dos nosos mercados tradicionais e coñecer a labor que realizan desde estes dous potentísimos centros.
O fío condutor de “Degusta Europa” 2018 será a campaña “Somos Historias”, un nexo común cos 20 países da Unión Europea cos que a Deputación de Pontevedra ten relación a través de proxectos europeos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149