PONTEAREAS
A praza de abastos conta cun desfibrilador para casos de emerxencia
A concelleira de Seguridade Cidadá e Sanidade explica que a intervención debe ir acompañada da chamada ao 112 que guiará o auxilio.
![[Img #40921]](upload/img/periodico/img_40921.jpg)
A concellería de Seguridade Cidadá e Sanidade que dirixe a socialista Vanesa Fernández, ven de colocar un desfibrilador nas instalacións da praza de abastos de Ponteareas.
Co obxectivo de dispor de desfibriladores nos emprazamentos con maior afluencia de persosas, a concelleira acompañada do xefe de bombeiros procedeu nestes días á dispor a colocación deste equipamento que poderá ser empregado en caso de emerxencia tanto no interior da praza de abastos como nas inmediacións sempre e cando sexa preciso.
Para garantir unha intervención rápida, o equipamento vai acompañado dunhas instrucións básicas nas que o primeiro paso recomenda chamar ao 112 para que un equipo especializado guíe os auxilios prestados por calquera veciño ou veciña que se atope na situación de urxencia.
Dentro do programa do Plan de Bombeiros de Ponteareas entrégase este novo desfibrilador que se suma aos seis entregados nos últimos meses ubicados no campo do Areas, no campo de fútbol de Pardellas, no de Angoares, nos bombeiros, na piscina municipal e a protección civil; todos eles lugares cunha alta afluencia de persoas.
Coa intención de convertir Ponteareas nunha vila cardioprotexida, a Concelleira de Sanidade, explica que se seguirán a entregar novos desfibriladores dando prioridade aos puntos con alta afluencia de persoas acompañada da correspondente formación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149