Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 04 de Mayo de 2018 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O 2 Xuño celebraráse a IIIª Feira do Pan do Porriño

[Img #40922]

 

A Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR) e a Asociación de Panadeiros do Porriño confirmaron  que o vindeiro 2 de Xuño, celebraráse a IIIª Feira do Pan do Porriño.

 

A terceira edición deste certame consolida a exaltación do tradicional pan do Porriño que quere seguir dando pasos no proceso de recoñecemento da súa calidade e historia. Será no barrio de San Benito e comezará o venres 1 de Xuño cun Obradoiro de elaboración de productos de pan e panadería. O sábado día 2 será o día grande onde se desenvolverán as tradicionáis actividades da Feira e algunhas novidades de interese.

 

A Festa do Pan do Porriño terá ademáis como convidados, 8 productos artesanáis da comarca, entre os que se atopan cervexas artesanas, viños, embutidos, mermeladas, queixos, etc... Todo tipo de productos que maridan con pan.

 

Concurso da mellor empanada do Porriño: Empanadas no Ring

A Feira do Pan do Porriño, recuperará como unha das súas actividades do sábado día 2 a tradición da romería das empanadas que se celebraba a mediados do século XX cun novidoso formato: Empanadas no Ring. Un concurso onde cada parroquia do Porriño poderá presentar un equipo e competir co resto das parroquias pola mellor empanada do Porriño feita con masa de trigo.

 

Os equipos poderán ser como máximo de 5 persoas e o tribunal valorará 3 aspectos: presentación, recheo e identidade e tradición da empanada. O equipo que reciba máis puntos, será o gañador nun sistema de clasificación que enfrentará a parroquias de dúas en dúas. O espectáculo está garantizado. Os panadeiros exercerán de xurado e valorarán a mellor empanada, e terá opción ao premio. Nos vindeiros días publicaranse as bases e abiráse o prazo para poder inscribirse no certame.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.