GALICIA
Remata a operación “Vandabal” coa investigación de 29 persoas por presuntos delitos de furtivismo
O dispositivo levouse a cabo no poboado do Portiño, na costa próxima e na Lonxa da Coruña coa colaboración do Servizo de Gardacostas da Xunta de Galicia.
A Policía Autonómica vén de finalizar a operación “Vandabal”, que resultou na investigación e/ou detención de 29 persoas acusadas de presuntos delitos de furtivismo e receptación. Ademais, como consecuencia da mesma, tamén se comisaron 200 quilos de percebe extraído ilegalmente e un vehículo utilizado para o seu transporte.
O dispositivo desenvolveuse na zona do poboado do Portiño, na costa próxima e na Lonxa da Coruña e contou coa colaboración da subdirección xeral de Gardacostas da Xunta de Galicia. A investigación comezou no mes de agosto do pasado ano e rematou este mes de abril.
Comisáronse 200 quilos de percebe extraído ilegalmente e un vehículo utilizado para o seu transporte
Durante a vixilancia e investigacións, membros do grupo ERPOL da Policía Autonómica de Santiago de Compostela detectaron un grupo de persoas que extraían percebe na Illa de Vandabal, chegando case a esquilmar o produto. Estas persoas carecían de licenza para a actividade, e non respectaba as zonas vedadas, o tamaño do marisco nin as cantidades máximas diarias.
Posteriormente, o produto poñíase a disposición dos consumidores, a través da venda a particulares que, ás veces, revendían á súa vez o produto a establecementos hostaleiros da cidade; ou transportando o marisco ata a lonxa, onde lograban introducilo de forma ilícita no circuíto de venda legal.
Polos feitos descritos, tramitáronse dilixencias aos xulgados da Coruña.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170