PROVINCIA
Equina volverá a converterse do 15 ao 17 de xuño en cita de referencia para os cabalos de pura raza española
O IV CONCURSO NACIONAL PRE-ANCCE DE GALICIA, EIXO CENTRAL DESTE EVENTO, SERÁ CLASIFICATORIO PARA A FINAL DO CAMPIONATO DO MUNDO.
![[Img #40950]](upload/img/periodico/img_40950.jpg)
A Feira Internacional de Galicia ABANCA acollerá do 15 ao 17 de xuño unha nova edición do evento ecuestre EQUINA, o cal terá como protagonistas aos cabalos de pura raza española.
Esta cita, organizada pola Asociación de Criadores de Cabalos Españois de Galicia (Accega), terá como eixo central a celebración do IV Campionato de España Pura Raza Española-ANCCE de Galicia. Unha proba morfofuncional na que se valorará tanto a morfoloxía dos exemplares participantes como os seus movementos, e que o presidente de Accega, Manuel Benavides, destaca por terse convertido na súa pasada edición “no quinto maior concurso de alta competición a nivel nacional” polo número de exemplares participantes, grazas a un “gran esforzo organizativo por parte da asociación e ao apoio da Fundación”.
Unha alta concorrencia que Benavides espera revalidar nesta edición “polas facilidades que se dan aos criadores” e que outorga ao concurso a catalogación de primeira categoría, o que permite que esta edición sexa clasificatorio para a final do Campionato do Mundo, a cal terá lugar en Sevilla no marco do Salón Internacional de Pura Raza Española (SICAB) entre o 13 e o 18 de novembro. Unha cita sobre a que subliña que “compiten exemplares de 62 países cun altísimo nivel”.
Neste IV Campionato de España Pura Raza Española-ANCCE de Galicia participarán exemplares procedentes de distintos puntos de España, moitos deles pertencentes a criadores de renome que, segundo o presidente de Accega, “darán gran relevancia” a unha cita que se celebra nun lugar “inmellorable” tanto polas características do propio recinto como “polo entorno, a proximidade a unha cidade patrimonio da humanidade como é Santiago e mesmo a gastronomía da zona”.
O concurso será emitido en directo a través da web da Asociación Nacional de Criadores de Caballos de Pura Raza Española (ANCCE), entidade que volverá a estar presente cun stand promocional en Equina. Un evento que, segundo o director da Fundación Semana Verde de Galicia, se consolida con esta nova edición e “afonda na nosa vinculación co medio rural, supón un aproveitamento natural das instalacións e incorpora o recinto á rede nacional de principais escenarios do mundo do cabalo, polas vinculacións de Equina con Sicab”.
Doma clásica e enganches
Ademais do IV Campionato de España Pura Raza Española-ANCCE de Galicia, Equina 2018 acollerá a XX Copa Accega de Doma Clásica, na cal os binomios (cabalo e xinete ou amazona) competirán o sábado pola tarde. Así mesmo, o domingo ao mediodía levarase a cabo unha exhibición de Enganches, na que se poderán ver Limoneras (cun cabalo), Troncos (dous cabalos) e Caleseras.
As actividades, que estarán amenizadas por grupos folclóricos, completaranse cunha pequena exposición comercial que incluirá guarnicionería e equipamento para equitación.
Por outra banda, destinada aos participantes nesta edición, o sábado celebrarase unha cena na que se entregarán distincións a diversos gandeiros e persoas vencelladas ao mundo da pura raza española. Uns recoñecementos que o presidente de Accega quere facer extensivo aos pequenos criadores da asociación pola súa “defensa do patrimonio xenético desta raza, especialmente nos temos difíciles que vimos de vivir nesta actividade” e tamén pola reestruturación que estes momentos esixiron e que eles cumpriron “coa modernización da cría cabalar selecta, con explotacións máis racionais e mellor xenética”. Un agradecemento no que tamén avoga pola unión, xa que “sen unión non hai forza”.
Actividade dende o día anterior
A Feira Internacional de Galicia ABANCA acollerá dende a mañá do 14 de xuño, día anterior ao comezo de Equina 2018, a recepción oficial de exemplares presentados ao Campionato de España e tamén as inspeccións veterinarias, polo que haberá xa actividade nas caballerizas, a pista de quecemento e o ring. Unhas zonas que converten ao recinto nun espazo con gran versatilidade, o que, segundo Ricardo Durán, permite que este evento hípico se celebre en Silleda, polas “súas idóneas infraestruturas”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149