Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 06 de Mayo de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

O BNG denuncia que o Concello tarda 77 días de media en pagar unha factura

Critican a excesiva deuda que acumula máis de 10.813.600 euros e incumpre o período de pago de facturas.

[Img #40966]

 

Segundo o BNG "o goberno do PP do concello de Mos, logo de nove anos,  continúa empeñado en afundir economicamente as arcas municipais. A demagoxia e a propaganda non é dabondo para gobernar".

 

Explican que "na liquidación do orzamento do 2017, aparece con claridade o que debe o concello a 31 de decembro  sumando os créditos bancarios ( 8.197.000 €) , as facturas recoñecidas ( 2.209.700 €) e as facturas sen recoñecer ( 406.900 €) debe un total d 10.813.600 euros. Seguen traballando en cantidades que nos parecen astronómicas para un concello coma o noso".

 

"O remanente de tesourería é neste ano negativo, nunha cantidade de -1.284.000 euros, o remanente fala da falta de financiación a curto prazo do concello. Como se pode ver, desastroso" sinalan.

 

Engaden que "este ano ademais se presenta o informe de tesourería sobre o Prazo Medio de Pago (PMP) das facturas, neste primeiro trimestre, incúmprese clamorosamente, pasando dos 30 días legais, aos 77 días de media o que se tarda en pagar unha factura".

 

Os nacionalistas din que "de seguro que para o PP todo isto é marabilloso, pero para o Bng de Mos, non deixa de ser máis que un xeito desastroso de facer política económica".

 

Por último o BNG di, a través da nota d eprensa, que "unha vez máis, un goberno do PP prepotente e unha alcaldía inmersa no máis absoluto narcisismo, leva ao noso concello a unha nefasta deriva económica o problema é que se cren as súas propias mentiras".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.