Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 10 de Mayo de 2018 Tiempo de lectura:
TUI

Solicitude á Fomento da mellora da sinalización da A55 ao seu paso por Tui

Ao tempo demándase a revisión do alumeado e a colocación dalgún punto de luz novo.

O Concello de Tui dirixiuse á Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, dependente do Ministerio de Fomento, solicitando a revisión e mellora dos datos incluídos nos paneis informativos situados na autovía A55 e ao seu paso polo termo municipal de Tui.


En concreto dende o concello solicítase a instalación de paneis turísticos  reflectindo o conxunto histórico de Tui, declarado coma tal en 1967, e que forma parte do catálogo SISTHO dende 1998.


Por outra parte debido a que  a información está incompleta nalgúns dos sinais se solicita na saída 29 en dirección a Portugal incluír  “Portugal.  Tui (Sur). A Guarda. Pol. Industrial Areas”, para deste xeito evitar coma acontece con frecuencia que os condutores que descoñecen a zona tomen a saída cara Gondomar, pensando que é a última antes de entrar a Portugal.  Do mesmo xeito na saída 30 suxírese ampliar a información colocando “Portugal. Valença. Porto”, e engadir na saída o Polígono de Areas que arestora non figura.


Mentres na saída 23, tanto en sentido Portugal coma en sentido Vigo, solicítase incluír xunto ao Cerquido, Ribadelouro, xa que é o principal acceso a esta parroquia tudense.


Amais tense solicitado tamén a revisión do alumeado na A55 no tramo tudense xa que dende o concello tense constatado que hai varias farolas apagadas ou fundidas, e noutros puntos a iluminación e moi deficiente. Ao tempo tamén se demanda  iluminar os acceso á A55  e a curva existente na saída 30 o que  redundará nunha mellora da seguridade vial.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.