Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 08 de Mayo de 2018 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A Alcaldesa recibe no Concello a Noemí Fernánez, semifinalista de ‘La Voz Kids’

Espera que esta veciña do Porriño, poida actuar nas Festas do Cristo deste ano

[Img #40972]

 

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, xunto coa concelleira de Educación, Lourdes Moure, recibiu no Concello a Noemí Fernández, a concursante de 15 anos de ‘La Voz Kids’, o programa de Telecinco, que este vindeiro luns disputa a semifinal do concurso.


Noemi, veciña do Porriño, ademais de ter unha magnífica voz, toca a guitarra e o piano, é unha alumna de “sobresaíntes”, segundo confirmou o seu pai quen indicou que a ilusión da súa filla é a de estudar medicina.
Noemí chega á semifinais de ‘La Voz Kids’ logo de superar unhas probas nas que participaron, en toda España, 30.000 nenas e nenos das que saíron 120 candidatos e candidatas que logo quedaron en 90, finalmente en 15, logo en 8 e, por fin, en 5 nas semifinais, das que pasarán á final 3 por equipo.


A alcaldesa trasladoulle a Noemí e ao seu pai o seu interese en que poida actuar nas vindeiras Festas do Cristo, para que “todas as veciñas e veciños do Porriño poidamos admirar un talento en directo”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.