Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 09 de Mayo de 2018 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Todo listo para a apertura da ‘Feira do Libro do Porriño 2018’

Participarán distintos escritores e escritoras e que inaugura o lucense Lois Pérez

[Img #40986]A Feira do Libro do Porriño, na que participan as librarías Copi-Rey, Recondo, Pedreira, Paz e Lafer, abre as súas portas no centro o vindeiro xoves, día 10, ás 7 e media da tarde, coa lectura do ‘pregón’ deste ano a cargo do profesor, escritor e dramaturgo lucense Lois Pérez, ás 7 e media da tarde quen, de seguido, ofrecerá un recital presentando o seu último traballo, ‘Long Play’. e a presentación do Día 10. Antes, ás 7 e 10, actuará o Grupo Tradicional da Escola Municipal de Música.


O venres, día 11, ás 11 da mañá, será a visita á Feira con Fátima Fernández acompañada dos alumnos e alumnas do CEIP de Atios.


Ás 5 da tarde, Joaquín Acuña asina ‘Los días cortados’ na caseta da libraría Paz; ás 5 e media, ‘O príncipe namorado’ na Feira e ás 7 da tarde, presentación - concerto de As andanzas de Paio con ‘Oviravai’, Galaxia Editora.


O sábado, día 12 de maio, ás 12:30 horas, narración oral bebés ‘Ollo piollo’ con Chús Álvarez; ás 5 da tarde, Ricardo Canosa asina ‘La próxima crisis global’ na caseta da libraría Paz; ás 6 da tarde, actividade infantil ‘Teatro na mochila’ con Anxo Moure; ás 7, creación de personaxes con Teo Palacios e as 8 da tarde, recital de poesía con Cristina Valado e posterior sinaturas de libros.


O domingo 13, empezará ás 12:30 h. coa actuación infantil ‘Cantares das Letras de Rosalía a Víctoria Moreno’, por Luís Vallecillo; ás 6 da tarde, actividade infantil,’Libros da Titiriteira’, por Celtia; ás 7, ‘As peripecias de Extravaganzza Pérez’, de Ledicia Costas, por Edicións Xerais e ás 8, falando de libros con….. Clara do Roxo.
A feira estará situada na rúa Ramón González, na zona peonil do Porriño e o seu horario será de 11 da mañá a 2 da tarde e de 5 a 9 da noite.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.