GALICIA
Arredor de 1.500 estudantes marcharon por Compostela baixo o lema “A lingua non para”
A 18ª edición do Correlingua, que durante a primeira quincena de maio está percorrendo varias localidades galegas, tivo hoxe a A 18ª edición do Correlingua, que durante a primeira quincena de maio está percorrendo varias localidades galegas, tivo hoxe a súa parada en Compostela. Alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria procedente de 16 centros da contorna fixo un percorrido polas rúas da capital galega e participou na festa final conducida pola actriz Isabel Risco na Praza da Quintanasúa parada en Compostela. Alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria procedente de 16 centros da contorna fixo un percorrido polas rúas da capital galega e participou na festa final conducida pola actriz Isabel Risco na Praza da Quintana
![[Img #41003]](upload/img/periodico/img_41003.jpg)
A carreira pola normalización do galego que como cada ano organiza a CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega e A Mesa pola Normalización Lingüística comezou ás 11 da mañá na Praza da Quintana onde finalizou arredor dunha hora máis tarde. Contou coa animación do grupo Os Quinquilláns e coa participación de mestres e mestras e arredor de 1.500 rapaces e rapazas procedentes de centros educativos de Vedra, Santiago de Compostela, Ames, Caldas de Reis, Ribeira, Boqueixón, Melide, Teo e Vimianzo.
Á súa chegada á meta profesorado e alumnado foron recibidos pola actriz Isabel Risco, que conduciu a entrega de premios na categoría de pancartas, que tivo como centro gañador o IES Leliadoura de Ribeira. No acto interviron o secretario comarcal da CIG-Ensino, Rubén Fernández, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín. Durante a festa final tamén actuou o estudantado do IES Antón Fraguas de Santiago, gañadores este ano do concurso do manifesto co rap A lingua non para e o grupo melidense Cuarta Xusta, que se fixo co galardón do Cantalingua coa canción Querémonos libres.
Próximas citas
Mañá terá lugar a festa principal deste ano que se celebarará na cidade de Pontevedra. O día seguinte serán os rapaces e rapazas de Lugo quen correrán pola lingua e a semana rematará con máis carreiras e festas na Mariña e no Baixo Miño o xoves 10 e na capital ourensá o venres 11.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170