AS NEVES
Segunda fase de obras na Escola de Cerdeira
![[Img #41052]](upload/img/periodico/img_41052.jpg)
Nos últimos días o Concello das Neves está levando a cabo obras na Escola de Cerdeira, un dos edificios municipais das parroquias que levaba no esquecemento 20 anos ata a chegada do actual goberno.
Nunha primeira fase de hai xa uns meses actuouse no tellado para evitar filtracións e o posible derrube nalgúnhas partes. Agora estase a traballar no interior recuperando os baños e a sala principal para que a veciñanza da parroquia teña un lugar digno no que reunirse.
O Alcalde das Neves, Xose Manuel Rodríguez Méndez, amáis de recoñecer o abandono ao que estivo sometida Cerdeira por gobernos anteriores, expresa que “estas son obras afectan a unha comunidade de persoas que viven en lugares que queremos preservar. Hai políticas doutros encamiñadas a despoboar o rural, pero nos, na medida do posible loitamos polo contrario, o mantemento e o asentamento no rural. Isto, o pulo polo rural, vai necesariamente da man de melloras en infraestruturas e mobilidade pero tamén en políticas sociais como é ofrecer a veciñanza de Cerdeira un lugar no que poder xuntarse para falar, tomar decisións comúns e incluso festexar.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22