PROVINCIA
Todo listo para as novidosas “Rutas das Maceiras en Flor” da Deputación de Pontevedra, que chegan este sábado á Estrada
A ruta da mañá, que comezará ás 10.30h, percorrerá as parroquias de Callobre e Agar e a da tarde, ás 17.00h, fará un percorrido por Callobre e Ribela.
![[Img #41252]](upload/img/periodico/img_41252.jpg)
Este sábado 12 de maio terán lugar no concello da Estrada as novidosas “Rutas das Maceiras en Flor” da Deputación de Pontevedra, enmarcadas no Plan Estratéxico de Turismo da institución provincial, co obxectivo de desestacionalizar a demanda e de dinamizar o interior da provincia de Pontevedra.
A primeira das rutas, á que asistirá o deputado de Turismo, Santos Héctor, comezará ás 10.30h e percorrerá as parroquias de Callobre e Agar. En Callobre se realizará unha visita guiada pola plantación de maceiras, explicando a variedade de especies que alí hai (rabiosa de Callobre, ollomouro, etc.) e podendo desfrutar das especies cheas de flores. Ao final da ruta, o grupo se trasladará cara un lagar antigo, na parroquia de Agar, onde poderá ver a sidrería antiga rehabilitada Peroja, e degustar sidra.
Para esta ruta, que é gratuíta ao igual ca da tarde, sairán buses desde Vigo (Centro Comercial A Laxe), ás 9.00 horas, e Pontevedra (Capela de San Roque), ás 9.30 horas.
Pola tarde, a “Ruta das Maceiras de Flor”, volverá a iniciarse en Callobre e percorrerá esta parroquia e a de Ribela, tamén na Estrada. Na plantación, que servirá de punto de encontro, tamén haberá unha visita guiada para gozar dos diferentes exemplares de maceiras en flor e, posteriormente, visitarase o Lagar de Sidra, en Ribela. Este itinerario contará coa presenza da deputada provincial Digna Rivas. Para esta ruta tamén sairán buses dende Vigo e Pontevedra.
O goberno de Carmela Silva decidiu apostar por estas rutas tendo en conta, como explicou a presidenta, que “a produción de sidra tradicional na Estada remóntase á Idade de Ferro, amais de contar con grandes plantacións de maceiras, de ata máis de cen hectáreas, e con máis de cincuenta exemplares diferentes destas árbores con nomes tan nosos e fermosos como ollomouro, rabiosa, raída, marafouza ou freixerana”.
Tanto para un itinerario como para o outro, todas as prazas están esgotadas e as persoas participantes deben estar presentes na plantación de Callobre, punto de saída, con 15 minutos de antelación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149