PROVINCIA
Os clubs de elite este ano percibirán axudas por case 350.000 euros
Once clubs de elite da provincia asistiron a reunión coa presidenta na que todos mostraron a súa satisfacción “pola aposta fundamental que fai a institución polo deporte”.
![[Img #41255]](upload/img/periodico/img_41255.jpg)
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, recibía o pasado venres, no Pazo Provincial, a once clubs de elite da provincia para facerlles entrega das resolucións de patrocinio que este ano suporán axudas por 343.500 euros, é dicir, un 48,7% máis do que invertía o anterior goberno. Os primeiros clubs que reciben as achegas son o Club Poio Fútbol Sala, a Sociedade Deportiva Teucro, o Club Balonmán Cangas, o Club Balonmán Atlético Guardés, o Club Balonmano Porriño, o Club AMFIV, a Agrupación Deportiva Vincios, o Club Deportivo Vilagarcía de Tenis de Mesa, a Sociedad Gimnástica de Pontevedra, o Club Deportivo Supermercados Froiz e o Club Ciclista Rías Baixas.
Na reunión, Carmela Silva mostroulles o orgullo que sinte por ter clubs de tanto éxito na provincia e explicou que “destinamos moitos máis recursos ao deporte e, amais, dende a nosa chegada ao Goberno, rachamos cos criterios clientelares, discrecionais, escuros e baseados nunha relación de subordinación do anterior executivo. Agora aplicamos un modelo transparente, igualitario, claro, con criterios obxectivos, equitativos, con bases e contando con todas e con todos. A presidenta da Deputación de Pontevedra tamén aproveitou a cita para resaltar que “dunha forma particular estamos a promocionar o deporte feminino e o deporte adaptado, pois ben sabemos das dificultades ás que se teñen que afrontar”.
Pola súa banda, o presidente do GD Super Froiz, Evaristo Portela, e a presidenta da Sociedad Gimnástica, Charo Castro, interviñeron na reunión para manifestar a súa satisfacción pola aposta que fai a Deputación polo deporte, apoio que axuda a que se poidan acadar éxitos para a provincia. Amais, Charo Castro sinalou que “o deporte hoxe en día é un puntal na sociedade e o apoio institucional é inestimable, neste senso a Deputación sempre está para axudarnos”.
Carmela Silva mostrou “orgullo polos éxitos do deporte pontevedrés” e subliñou que “este ano melloramos aínda o noso apoio, un 48,7% máis do que invertía o anterior goberno”
Na mesma liña, Carlos García-Alén, presidente da SD Teucro, mostrouse moi agradecido e apuntou que “aínda que nunca é suficiente, hai que recoñecer o esforzo que está a facer a Deputación para apoiar clubs coma nós”. O presidente pontevedrés engadiu, sobre a intervención de Carmela Silva, que “poucas veces trasládannos o recoñecemento que hoxe fixeches do traballo dos e das directivas”.
Por último, o presidente da Agrupación Deportiva Vincios, Vicente Pintos Santiago, e o vicepresidente do Club Poio Fútbol Sala, Vicente Pérez Pérez, apuntaron que “o apoio da Deputación é fundamental para sobrevivir na elite e nótase aínda máis nos deportes minoritarios”.
Tras a reunión, en rolda de prensa, Carmela Silva tamén aproveitou para facerlle un recoñecemento público aos homes e mulleres que dirixen estes clubs, pois “sei que traballan a cambio de nada, con moitas dificultades, con recursos escasos e sen embargo dedican o seu tempo e moitas veces os seus propios recursos para conseguir éxitos para a nosa provincia”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149