MOS
Rouban as plantas dos maceteros que adornan Mos e varias pezas dun parque infantil do municipio
![[Img #41262]](upload/img/periodico/img_41262.jpg)
O departamento municipal de parques e Xardíns solicita a colaboración cidadá para manter os equipamientos urbanos.
As plantas ornamentales instaladas nos maceteiros da zona peatonal de “ A Rúa” situada nos arredores do Pazo de Mos, por onde transcorre o tramo do Camiño de Santiago, están sendo "obxecto de continuos roubos por parte de desaprensivos" explican dende o Concello de Mos.
Así o denuncia o concelleiro delegado de Medio Ambiente e Xardíns, Cándido Pérez, quen fai un chamamento á cidadanía para que colabore cuidando os equipamientos urbanos.
"Desde o Concello solicitamos a colaboración cidadá para lograr o mantemento dos espazos públicos en boas condicións, sobre todo nesta época que recibimos tantos visitantes e peregrinos. Solicitamos que se contribúa a coidar a imaxe de Mos", manifestou o concelleiro.
Ademais de prexudicar a imaxe do municipio, ao presentarse os maceteros das zonas peatonales baleiros, o traballo de reposición de plantas ten un custo económico para o Concello, non só polo gasto que supón a compra de novas plantas, senón que as empresas e os operarios teñen que volver traballar en áreas polas que xa pasaron, o que resta tempo de traballo no mantemento doutras zonas verdes e camiños municipais.
Doutra banda, tamén desapareceron gran parte de losas de caucho do chan do parque de San Eleuterio, situación que sumada á anterior provocou gran indignación tanto no goberno mosense como nos propios veciños que así o declaraban e nos arredores do Pazo de Mos; “Como poden existir persoas que se dedican a roubar as plantas e a esnaquizar os lugares comúns que son de todos? É lamentable. Están axardinando Mos e cando embelecen unha zona, a estropean ou rouban, é decepcionante. Son actos vandálicos que repercuten en todos os veciños do municipio, non se pode permitir”
A Alcaldesa, pola súa banda anuncia que se tomarán medidas e reforzarase a seguridade e vixilancia por parte das forzas policiais e de protección civil, en todas as zonas públicas e de mobiliario urbano.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184