NIGRÁN
Inícianse as obras de rehabilitación da Escola O Torreiro de Priegue
As zonas de xogo serán redistribuídas creando espazos novos como unha pista multideportiva, dotaráselle de novo mobiliario urbano e iluminación e terá unha rampla accesible.
![[Img #41286]](upload/img/periodico/img_41286.jpg)
O Concello de Nigrán iniciou as obras de recuperación da antiga escola infantil O Torreiro de Priegue e toda a súa contorna, traballo que estará rematado este mes. Este supón un investimento de 51.064,42 euros euros do Plan Concellos 2016 da Deputación de Pontevedra. A rehabilitación permitirá crear novas zonas de xogo como unha pista multideportes e mellorar as existentes, así como realizar unha nova división interior da antiga escola actualmente pechada, que será cedida ás entidades da parroquia para o seu uso.
Así, o proxecto plantexa crear unha zona de parque infantil con chan acolchado delimitado cunha valla para que resulte un recinto seguro para os nenos onde se distribúan elementos de xogo (recuperaranse os que estean en boas condicións) e mobiliario urbano como bancos (3), papeleiras, e unha fonte. Tres camelias japónicas con alcorque delimitarán a zona sur. Por outra banda, no lado oeste reporase o formigón e disporase dunha nova pista multideportes e unha pista de petanca de 3x14 metros (nun recinto pechado de madeira de pino silvestre cunha altura de 40 cm), así como máis bancos e papeleiras. O peche de malla tamén será renovado e toda a parcela será dotada de iluminación. Así, a principal novidade nesta reforma da contorna será a incorporación dunha pista multideportes de 7x12 metros para fútbol, baloncesto e balonmán nunha superficie de formigón pulido con peche perimetral de madeira de 1 metro de altura nos laterais e tres nos fondos.
A escola, pechada e abandonada, será cedida ás entidades da parroquia tras realizar obras para dispor dun baño adaptado, zona de oficina e outra de espazos comúns
Na antiga escola, pechada dende hai anos e que será cedida ás entidades veciñais, realizarase unha redistribución para facer dúas novas estancias, unha para oficina e outra para aseo adaptado, ademais de manter unha zona para espacios comúns. Por outra banda, dotaráselle de nova instalación eléctrica e de fontanería, novos solados e alicatados e completo pintado. Finalmente, á rampla de acceso contará con baranda de aceiro inoxidable e rectificarase a súa pendente para que resulte accesible.
“Con este proxecto damos resposta a unha demanda veciñal moi importante. Queremos por en valor esta lugar para que sexa un verdadeiro punto de encontro da parroquia no que nenos e maiores se sintan a gusto e nun espazo seguro”, sinala o alcalde, Juan González.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149