Salvaterra de Miño
Unha muller resultou falecida en Salvaterra tras sufrir un accidente
![[Img #41368]](upload/img/periodico/img_41368.jpg)
Unha muller perdeu a vida esta madrugada despois de sufrir un accidente co vehículo que conducía pola A-52, ao paso pola localidade pontevedresa de Salvaterra de Miño.
Segundo a información faciltada ao 112 Galicia, o sinistro tivo lugar á altura da saída da autovía en dirección a Batalláns cando estaban a piques de dar as tres desta madrugada. Nese momento, o turismo que conducía a vítima saíuse da estrada e, pese aos intentos dos profesionais sanitarios, nada puideron facer por salvarlle a vida.
Cómpre sinalar que este operativo activouse tras recibir o CIAE 112 a chamada dun particular, que localizou á muller fóra do vehículo e practicamente sen pulso. Decontado, desde o 112, informouse aos efectivos do 061-Urxencias Sanitarias, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e aos bombeiros do Baixo Miño, que, finalmente, descartaron intervir debido a que a vítima estaba liberada e accesible.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.158