GALICIA
UGT e CCO veñen de comunicarlle a administración que asumen o acordo para mellora das condicions laborais do persoal da administración de xustiza en Galicia
"Despois do longo conflito da xustiza en Galicia no que se ten chegado o máximo posible neste momento da negociación por parte de Administración galega, e dado que no contido de dita proposta se alcanza unha parte importante dos obxectivos da mobilización que se ten desenvolto, e sendo conscientes de que quedan aspectos que necesariamente corresponde ó ámbito da comisión de seguimento" explican dende UGT e CCOO engadindo que "entendemos que por responsabilidade debemos contribuír a que os beneficios dos obxectivos acadados por todos e todas os/as traballadores traballadoras se podan aplicar coa maior inmediatez posible, contribuíndo a paliar asi os efectos dunha longa loita que se ten vivido en defensa da homologación salarial dos traballadores/traballadoras da Xustiza de Galicia".
"Por todo anterior na mañá de hoxe temos comunicado que estamos en disposición de asinar o documento aportado pola administración o pasado 15 de maio na Mesa Sectorial".
Dende UGT e CCOO requiren "a inmediata convocatoria da comisión de seguimento cos asinantes para poder aplicar con carácter inmediato todas as medidas que recolle o acordo".
Estes sindicatos aseguran recoller "o sentir maioritario dos traballadores e traballadoras e lamentamos que se teña alongado inecesariamente, por motivos non laborais, unha situación ficticia de mobilización que non estivo sustentada sobre os elementos esenciais das reivindicacións coas que se constituíu o comité de folga".
CCOO e UGT explica que "na vindeira semana realizaremos asembleas informativas explicando os termos do acordo e como se chegou a el e intentaremos facelas conxuntamente con aquelas organizacións sindicais que tamén defende o acordo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170