Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 21 de Mayo de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra aproba 13 bolsas de mobilidade para estudantes da provincia no marco do proxecto Erasmus Practicum Depo

As 13 mozas e mozos, que partirán en xullo a Alemaña, Italia, Irlanda e Portugal, proceden de centros educativos dos concellos de Pontevedra, Gondomar e Cangas.

[Img #41442]

 

O goberno de Carmela Silva aprobou hoxe a adxudicación de trece bolsas de mobilidade no marco do proxecto da Deputación de Pontevedra “Erasmus + Prácticum Depo 2017”. En concreto serán 13 as mozas e mozos de centros educativos dos concellos de Pontevedra, Gondomar e Cangas, que participarán na cuarta mobilidade do proxecto con destino a Alemaña, Italia, Irlanda e Portugal.

 

Máis polo miúdo, a presidenta da Deputación de Pontevedra informou que os alumnos e alumnas que partirán en xullo cara Alemaña, Italia, Irlanda e Portugal proceden dos centros educativos CFEA de Lourizán, IES Montecelo e IES A Xunqueira I de Pontevedra; IES Terra de Turonio de Gondomar e IES de Rodeira en Cangas. Silva recalcou que “o seu regreso está previsto para o mes de decembro, xa que a duración máxima das prácticas é de 182 días, máis ou menos seis meses”.

 

O grupo de mozas e mozos de Pontevedra, Gondomar e Cangas forma parte da cuarta mobilidade do proxecto “Erasmus + Practicum Depo 2017” que comezou en xuño de 2018 e rematará a finais de maio de 2019. En total, a institución provincial destina a esta cuarta mobilidade preto de 95.000 euros para cubrir os gastos de desprazamento e estancia.

 

A presidenta da institución provincial sinalou que o proxecto “Erasmus + Practicum Depo”, que conta cun orzamento de 700.967€ , “ten por obxectivo impulsar a mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe”. Carmela Silva tamén recordou que esta iniciativa “conta coa axuda da Dirección do Servizo Español para a Internacionalización da Educación” (SEPIE).

 

A través do programa de mobilidade de estudantes graduados e graduadas de Formación Profesional de ciclos medios pertencentes a distintas familias profesionais, a Deputación de Pontevedra colabora na súa integración no mundo laboral, a través de prácticas laborais en empresas e institucións estranxeiras.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.