GALICIA
Xunta e Tribunal Superior de Xustiza de Galicia inician os traballos para elaborar un plan de recuperación tras a folga
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente do TSXG, Miguel Ángel Cadenas, reuníronse hoxe no seo da Comisión Mixta de Xustiza.
![[Img #41490]](upload/img/periodico/img_41490.jpg)
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), Miguel Ángel Cadenas, reuníronse esta mañá co obxectivo de comezar a elaborar un Plan de recuperación do traballo tras a folga convocada polos sindicatos da Administración de Xustiza.
No seo da Comisión Mixta abordaron as necesidades que deberá atender este Plan, cuxo obxectivo é poñer ao día a actividade nos xulgados galegos e minimizar as consecuencias que tivo este paro para a cidadanía.
A Dirección Xeral de Xustiza e os sindicatos que se adheriron o acordo ratificarano mañá para poder comezar canto antes a súa aplicación
Ademais da xuntanza de hoxe, a Xunta tamén terá en conta para a elaboración do plan a todos os implicados, como son a Fiscalía, aos letrados da Administración de Xustiza, aos avogados, procuradores e aos tres sindicatos que validaron o acordo que puxo fin á folga, co obxectivo de pechar unha folla de ruta que permita recuperar o traballo perdido.
Por outra banda, o vicepresidente adiantou que mañá mesmo está previsto que a Dirección Xeral de Xustiza e os sindicatos CCOO, UXT, e USO ratifiquen este acordo para poder facelo efectivo canto antes e que os traballadores poidan empezar a beneficiarse das vantaxes incluídas no mesmo. Cómpre recordar, ademais, que o Diario Oficial de Galicia xa publicaba onte a fin dos servizos mínimos fixados, unha vez rematada a folga.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170