GALICIA
A Xunta aborda os retos de futuro das prazas de abastos con responsables e profesionais dos mercados
A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, participaba esta semana nun encontro en Santiago no que traballadores, xerentes e representantes municipais poñen en común as súas experiencias para potenciar a excelencia e atraer nova clientela.
![[Img #41496]](upload/img/periodico/img_41496.jpg)
A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, participaba esta semana en Santiago na apertura da xornada “Mercados de Galicia: Retos de futuro”, un encontro impulsado pola Xunta no que profesionais e responsables das prazas galegas poñen en común as súas experiencias para potenciar a excelencia e a calidade e atraer nova clientela, dando resposta ás novas demandas dos consumidores.
O encontro enmárcase na campaña internacional Quere o teu mercado, que en Galicia promove a Consellería de Economía, Emprego e Industria, en colaboración coa Federación Galega de Comercio. Este ano súmanse á iniciativa un total de 86 prazas e mercados galegos e 3.000 praceiras e praceiros. Baixo o lema Preto do teu corazón, realizaranse ata o próximo 27 de maio unha serie de eventos nos mercados para intentar atraer clientes e transmitir todos os beneficios que ten consumir nos mercados de proximidade. En colaboración coas asociacións e federacións de praceiros e praceiras, celebrarase, ademais, o Día do mercado, que, a proposta dos propios praceiros e praceiras, terá lugar o sábado 26 de maio.
A xornada impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria conta tamén con xestores de mercados emblemáticos de Barcelona, Sevilla e Zaragoza
Na xornada organizada celebrouse unha mesa redonda sobre novas tendencias nos mercados urbanos, coa participación de representantes do mercado da Boquería (Barcelona), La Lonja del Barranco (Sevilla); e do Mercado Puerta Cinegia de Zaragoza; así como da plataforma Dreaming Markets.
Tamén se debateu sobre o presente e o futuro dos mercados galegos, coa participación de Javier Paz, presidente de Fepragal; Alberto González,xerente do Mercado de Abastos de Ourense, e Delmiro Hermida, xerente do Mercado das Travesas de Vigo. O encontro tamén inclúe unha visita á praza de abastos de Santiago, e un showcooking con produtos galegos de calidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170