O Porriño
A inserción laboral acada altas cotas en Ledisson AIT
Membros do PP do Porriño achegaronse a coñecer polo miudo o traballo que está a firma porriñesa
![[Img #41503]](upload/img/periodico/img_41503.jpg)
A tecnoloxía 4.0 e a innovacion ten selo porriñés. A semana pasada membros do PP local achegáronse a coñecer polo miudo o traballo que está a firma porriñesa Ledisson AIT na súa sede situada no Polígono Industrial de A Granxa. Da man do seu coordinador xeral, Óscar Rodríguez, coñeceron in situ os proxectos que está a desenvolver esta compañía especializada en programación robótica, situada xa á cabeza nun sector incipiente no que todavía queda moito que aportar.
Dende que iniciara a súa actividade alá polo 1998 a traxectoria de Ledisson estivo vinculada sempre aos avances tecnolóxicos e á innovación aplicada á automatización de procesos. Dende entón a súa actividade dsenvolveuse por todo o mundo participando en diferentes proxectos.
A principal liña de negocio desta empresa, de capital cen por cen galego, é a programación de robots que aporten solucións. A través de diferentes spin outs punteiras no seu sector e respaldadas polo cluster da automoción, Ledisson AIT deu un salto e mergullouse de cheo na cobótica. Da man do programa BFA (Business Factory Auto), constituiu a Human Cobotic, adicada exclusivamente á cobótica, robótica colaborativa, deseñada para integrarse nos procesos productivos. Tecnoloxía sensitiva con selo porriñés que da resposta aos problemas demoitas empresas que non poden incluir os robots convencionais nas súas liñas de producción.
Estes "cobots" non modifican en exceso a cadea de producción da factoría e poden traballar man a man cos operarios sen supoñer ningún risco para eles e incluso levar a cabo traballos que os operarios non poden realizar. Así, o cobot apoia ao traballador e o traballador apoio ao cobot.
Por outra banda, e directamente tutelados por PSA Citroen, naceu a spin out IIoR, un proxecto moi ambicioso para conectar os robots e plc de todas as plantas de PSA no mundo e poder controlalas dende a súa sede en Vigo.
Como explica Óscar Rodríguez, ademais de traballar para as principais marcas da automoción, Ledisson AIT xa comezou a expandirse a outros sectores como o da madeira da man do líder no sector, o aeronáutico ou o alimentario ademais de facer unha importante aposta polo I+D onde a firma está plantexando xa a súa primeira patente.
A profesionalidade e compromiso de Ledisson provocaron que o 90% da súa facturación neste momento proveña da exportación, sendo proveedores habituais das maiores enxeñerías centroeuropeas. A empresa traballa baixo demanda, aporta solucións. As empresas requieren una solución, Ledisson analiza e proxecta e deseña a automatización dos seus procesos para aumentar a sua productividade, eficiencia e solveentar os problemas nas súas instalacións.
Rusia, Israel ou Tanger son algúns dos lugares onde a empresa porriñesa estivo presente, actualmente están programando para Porsche Stuttgart e rematando de programar o novo Clase A en Finlandia.
Unha aposta firme polo emprego e a formación
O equipo de Ledisson AIT está composto por profesionais altamente cualificados e con experiencia na programación das principais marcas de robots e automatismo do mercado.
Dispoñen de instalacións formativas, onde realizan actualizzacións do seu equipo profesional e onde ademais forman ao persoal para o día a día das emrpesas. "Apostamos polo talento, a profesionalidade e a excelencia. O noso valor son as persoas que forman o equipo de Ledisson AIT, sendo a súa adicación e entrega a nosa mellor garantía", apunta Rodríguez. Unha aposta que permite que moitos porriñeses e porriñesas se formen neste eido de futuro non seu propio pobo "nunca é tarde para mergullarse no mundo da programación e a robótica".
Ademais, conscientes da súa capacidade, Ledisson AIT non da a espalda ao seu pobo e colabora en numerosas iniciativas de caracter social no municipio.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149