Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 25 de Mayo de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A pontevedresa Eva Fontáns e as viguesas Lucía Troncoso e raquel armán reciben os II Premios Sofía Novoa Ortiz da Deputación de Pontevedra

As tres galardoadas centraron os seus traballos fin de grao e fin de máster na importancia da inclusión da perspectiva de xénero na educación infantil e na linguaxe inclusiva.

[Img #41518]

 

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada da deputada de Igualdade, Isaura Abelairas, e da deputada de Emprego, Montse Magallanes, fixo entrega esta semana no Palacete das Mendoza dos II Premios Sofía Novoa Ortiz, que distinguen a inclusión da perspectiva de xénero nos traballos universitarios. A presidenta provincial destacou a calidade dos tres traballos galardoados que “impulsan políticas igualitarias e de visibilidade das mulleres en campos tan importantes como a educación, desde onde verdadeiramente se pode cambiar a sociedade”.

 

Máis polo miúdo, entregáronse dous premios de 1.000 € cada un para Lucía Troncoso Pintos (Vigo) e Eva Fontáns Fernández (Pontevedra) por apostar pola inclusión da perspectiva de xénero nos seus traballos de fin de grao. No caso de Troncoso, o seu estudo está centrado nos “Modelos para fomentar a igualdade entre os sexos no traballo por recunchos na educación infantil. O traballo nos recunchos con enfoque de xénero” e, no caso de Fontáns o seu traballo aborda cuestións relativas ao “Enfoque de xénero na mellora da expresión oral da educación infantil nunha escola que escolariza alumnado de minorías étnicas e procedentes do estranxeiro”.

 

Tamén se fixo entrega dun premio de 1.000 euros para o traballo de fin de máster elaborado por Raquel Armán Prieto (Vigo) que se centrou na “Tradución como ferramenta para a visibilidade: tradución de Gaycation para voces superpostas”.

 

Durante a entrega dos galardóns, a presidenta provincial sinalou a importancia dos Premios Sofía Novoa para “apoiar traballos, estudos, investigacións e iniciativas levadas a cabo na Universidade de Vigo que están a impulsar e a estender a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes e a perspectiva de xénero en diferentes ámbitos da sociedade”. Neste aspecto, Carmela Silva fixo fincapé na necesidade de “premiar a perspectiva de xénero nos traballos universitarios xa que é un paso máis na consecución do obxectivo máis importante que temos, que non é outro que acadar un mundo no que mulleres e homes teñamos as mesmas oportunidades”.

 

Tamén engadiu Silva que con estes premios “cumprimos outro importante obxectivo: poñer en valor a figura de Novoa Ortiz, visibilizala polas súas grandes aportacións á nosa sociedade. Falamos dunha muller cunha enorme cultura pero, como outras moitas, esquecidas pola historia”. De feito, o legado de Novoa aínda está a ser recuperado na actualidade e poñen de manifesto unha interesante vida ligada ao mundo da música, moi comprometida. Aos 17 anos ingresou na “Residencia de Señoritas”, en Madrid, dependente dunha institución que se encargaba de fomentar a renovación pedagóxica e científica en España no primeiro terzo do século XX. Alí, Novoa Ortiz foi unha das artífices dun ambicioso e pioneiro programa educativo, que posibilitou o acceso á educación superior a moitas mulleres, xa que daquela só podían estudar especialidades ou doutorarse en Madrid.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.