Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 25 de Mayo de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Carmela Silva entrega a Coruxo e Rápido de Bouzas as axudas d por máis de 200.000 euros

A Presidenta provincial subliñou que “Vigo é unha grande referencia no deporte e por iso temos unha aposta inequívoca cun investimento dun 1.100.000 euros ao ano”.

[Img #41530]

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, entregou esta semana aos presidentes do Coruxo e do Rápido de Bouzas, Gustavo Falque e Manuel Seoane, as resolución presidenciais coas axudas deste ano a ambos os dous clubs que superan os 200.000 euros.

 

Carmela Silva agradeceu a Coruxo e Rápido “o extraordinario traballo que fan como clubs de elite levando o nome de Vigo e da provincia, ao través dos desprazamentos, das competicións nas que participades, ben no resto do estado, ben no resto do mundo, levades e moi ben levado, o nome de Vigo e de Pontevedra”. Tamén subliñou “a labor encomiable que fan co deporte base, falamos de dous equipos moi comprometidos e cunha longa traxectoria”. Silva enmarcou as axudas “na aposta que temos no goberno provincial co deporte, e máis cando falamos de Vigo que é a grande referencia deportiva na provincia e en toda Galicia. De feito, investimos no deporte da cidade 1.100.000 euros ao ano”.

 

 

 

 

Os presidentes do Coruxo e o Rápido agradeceron o apoio “porque sen a axuda da Deputación sería imposible seguir na 2ªB, é vital para nós”

 

 

 

 

Tanto o presidente do Coruxo como o do Rápido de Bouzas, Falque e Seoane, agradeceron á presidenta estas axudas “porque sen elas sería practicamente imposible seguir nunha categoría como 2ªB e tampouco poderíamos cumprir cos nosos obxectivos. Por iso o apoio da Deputación de Pontevedra é vital”.

 

Pola súa parte, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo un recoñecemento á aposta da nova Deputación polo o seu apoio ao deporte da cidade e valorou as axudas a Coruxo e Rápido. “Falamos de dous grandes clubs, de elite e de traballo co deporte base pero tamén pola súa capacidade de movilización. Estou encantado, dixo o alcalde, de que cando xogan leven xuntos os dous patrocinios do Concello e da Deputación de Pontevedra. É un exemplo da boa colaboración que temos, como sempre debeu ser”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.