O PORRIÑO
O PP denuncia que algunhas empresas son "obrigadas a recorrer á vía xudicial para poder cobrar"
O PP denuncia que "preto de 3.000.000 de euros en facturas por servizos prestados ou traballos realizados foron rexeitadas polo executivo de maneira totalmente arbitraria".
"A irresponsable e desequilibrada xestión económica da coalición PSOE- UDDL, que gasta sen control e sen ningún tipo de previsión, está a prexudicar de maneira moi significativa a todas as empresas que prestan servizos ao Concello do Porriño" explican nun comunicado emitido dende o PP do Porriño.
"Se xa contabamos con preto de 3.000.000 de euros gastados en limpeza viaria e desbroces con facturas divididas en cantidades inferiores aos 18.000 euros, que propiciou que en 2016 existisen miles de reparos de Intervención sobre esta facturación, atopámonos agora cun novo método para eludir a contratación. Proba diso son os preto de 3.000.000 de euros en facturas por servizos prestados ou traballos realizados que foron rexeitadas polo executivo de maneira totalmente arbitraria. Falamos de servizos, obras ou subministros que están previstos nas contas municipais e que foron realizados sen contar con partida orzamentaria ou sen contrato" aseguran dende o Partido Popular".
"Entre eles os recollida residuos urbanos que se presta de maneira mensual, mantemento de campos de fútbol ou a xestión e actividades da Piscina Municipal que, a modo de exemplo, non cobra polos seus servizos desde o pasado mes de abril de 2017 tendo que recorrer ata en tres ocasiones á vía xudicial. Engrosando este desmesurado montante económico, orquestras, bandas de música, actividades culturais, servizos prestados por asociacións do municipio, a compra e instalación de papeleiras, a adquisición e instalación de " pipicáns" e un importante cúmulo de obras acometidas no centro urbano e parroquias, por exemplo a reforma da Praza de Abastos Municipal. Obras, servizos e subministros prestadas de xeito evidente e obras realizadas (cuxa acometida pódese probar) que son 'non conformados' polos concelleiros delegados ou a Alcaldesa, rexeitando o pago destas facturas e evitando así, na maioría dos casos, que Intervención formule o pertinente reparo por non contar con partida orzamentaria nin respectar o procedemento de contratación legalmente establecido impedindo a fiscalización desta facturación" explican.
Dende o PP engaden que "non recoñecer e rexeitar estas facturas supón negar que ese servizo se prestou ou que se incumpriron as condicións dun contrato, na maioría dos casos inexistente, poñendo en cuestión a veracidade da realización destes traballos que, en moitos casos, foron publicados en prensa polo propio goberno municipal e noutros moitos, existen partes de traballo asinados por concelleiro ou traballadores municipais constatando a prestación deste servizo".
Este feito, a xuízo dos populares do Porriño, "entraña suma gravidade ao supoñer un serio prexuízo para a empresa e os seus traballadores, que no mellor dos casos levan un ano sen poder cobrar e ven na obrigación de recorrer á vía xudicial, aumentando o cargo ás arcas municipais ao ter que abonar custos xudiciais e intereses".
"Este caneo do executivo ao principio básico de contabilidade administrativa e ás leis que estipulan que unha administración non gaste o que non ten, supoñerá cargar ao exercicio de 2018 todos estes gastos, volvendo recorrer con toda probabilidade á figura do REC ou crédito extraordinario para poder abonar, de maneira totalmente irregular, esta contía" explican.
"Ademais do prexuízo enorme que para as empresas supoñen estes impagos, a xestión do bipartito PSOE- UDDL devólvenos a tempos pasados. O período medio de pago fai retroceder ao Concello de Porriño décadas atrás, cando as empresas debían elevar os seus orzamentos para poder manterse" din dende o PP.
Por último engaden que "estes feitos, considerados de extrema gravidade polos populares, foron postos xa en coñecemento dos organismos competentes".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149