Sábado, 24 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 25 de Mayo de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia Hoxe en Mos

Estará establecida en horario de tarde fronte á Capela de San Amaro e ao Centro Cultural de Guizán.

[Img #41596]O Concello de Mos informa de que o municipio acollerá a semana que ven unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia na que os e as mosenses interesados en doar sangue poderán facelo.

 

A unidade móbil atoparase o vindeiro venres, 1 de xuño, en horario de 15.30 a 18.30 horas da tarde ao carón da Capela de San Amaro, na parroquia de Petelos; e de 19.00 horas a 21.00 horas diante do Centro Cultural de Guizán.

 

A nova Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que integra o traballo do Centro de Transfusión de Galicia, subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e conservación. Establécese con cada hospital unhas reservas de seguridade de cada grupo sanguíneo e, diariamente, envíanse os compoñentes sanguíneos que precisan para a súa actividade asistencial programada e facer fronte ás urxencias.

 

Unha destas unidades móbiles desprazarase ata Mos o venres 1 de xuño e, dende a administración local mosense, agradécese de antemán a colaboración dos doantes, vital para tratar de acadar as 500 doazóns de sangue que se precisan cada día para axudar a centos de enfermos.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.