GALICIA
Galicia súmase ao primeiro grupo de traballo multidisciplinar en España para promover a economía circular no sector téxtil
A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático participa en Madrid na primeira reunión de traballo desta plataforma aberta a administracións, empresas e entidades sociais co fin de buscar sinerxias entre distintos actores.
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio vén de sumarse como membro activo ao primeiro grupo de traballo constituído en España para a promoción da economía circular no sector téxtil. A iniciativa parte da Fundación para a Economía Circular, unha entidade de ámbito ibérico e proxección supranacional que colabora con personalidades e expertos mundiais, administracións, entidades privadas e axentes sociais.
A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático participou esta semana na primeira reunión formal deste grupo, que ten como principal reto definir e promover a economía circular no sector téxtil, buscando sinerxias entre os diferentes actores da cadea de valor deste tipo de produtos. Deste xeito, o obxectivo é promover solucións consensuadas para implantar a economía circular nun sector de grande importancia en España e, particularmente, en Galicia pero que ademais tamén é un importante xerador de residuos cun gran potencial para ser incorporados de novo ao ciclo produtivo.
Para logralo, a dinámica de traballo do equipo, que está aberto á participación de administracións públicas, axentes económicos e empresariais e entidades sociais con algún tipo de interese neste sector, desenvolverase a través de reunións trimestrais e a elaboración de informes de situación.
O obxectivo principal deste grupo é aproveitar o gran potencial que ten a industria téxtil como xeradora de residuos susceptibles de volver á cadea produtiva
Cómpre lembrar que a proposta de modificación da Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados estatal, que acaba de iniciar a súa información pública, contempla que a recollida selectiva de residuos téxtiles sexa obrigatoria a partir de 2025. De feito, esta revisión do marco normativo prevista en España vai na liña marcada pola Comisión Europea, que está a estudar a formulación de obxectivos cifrados de preparación para a reutilización e a reciclaxe dos residuos téxtiles.
A constitución deste grupo de traballo, polo tanto, é estratéxica, motivo polo que a Consellería de Medio Ambiente considera moi interesante que Galicia teña unha presenza e unha participación activa na mesma.
Galicia, líder en economía circular
A Consellería de Medio Ambiente está a traballar desde hai tempo para fomentar e implantar a economía circular na comunidade. De feito, Galicia lidera, xunto con Valencia e Cataluña, o grupo de traballo de economía circular e fondos europeos da Rede de Autoridades Ambientais do Mapama.
Así mesmo, actualmente está en redacción a Estratexia Galega de Economía Circular 2018-2030, unha folla de ruta que marcará os pasos a seguir na implantación do modelo económico circular na comunidade e que estará lista a finais deste ano.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170