Viernes, 23 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 24 de Mayo de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

Mos celebrou a última mesa da Comisión de Seguimento do Lindano tras os resultados obtidos nas analíticas

Todas as mostras de auga e solo atópanse dentro dos límites e parámetros establecidos.

[Img #41606]

 

Esta mañá celebrouse no Concello de Mos a derradeira mesa de traballo da Comisión de Seguimento do Lindano en Mos, na que se concluíu que, á vista das análises e mostras realizadas, tanto en auga como en terra, non se detecta no municipio mosense presenza de lindano por riba dos limiares establecidos.

 

As últimas análises realizadas dende a pasada Comisión de Seguimento, celebrada o 11 de abril, obtiveron bos resultados, é dicir, dentro dos límites establecidos.

 

Ao longo de todo o estudo, de máis de tres meses de duración, realizáronse 30 analíticas de auga (26 de pozos e 4 de fontes) e todas deron nos seus resultados índices que se atopan dentro do límite de potabilidade.

 

Pola súa banda, as mostras de solo tomadas durante o procedemento tamén deron resultados que se atopan dentro dos parámetros do uso urbano.

 

Hoxe foi polo tanto a última Comisión de Seguimento do Lindano en Mos, que fora constituída o pasado 7 de febreiro. Na mesa desta mañá participaron varias asociacións de veciños, membros de todos os grupos políticos da Corporación Municipal, da empresa que está a realizar a toma de mostras e da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

 

Concretamente estiveron presentes, entre outros, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Marín, un representante da empresa EPTISA contratada para realizar o estudo en Mos, o concelleiro mosense de Coordinación de Asociacións, Patrimonio e Servizos, Camilo Augusto, os arquitecto e secretaria municipais, representantes de tódolos grupos políticos da Corporación Municipal (PSOE, BNG, GañaMos e o concelleiro non adscrito Emilio Muíños) e representantes das Asociacións Veciñais das zonas nas que se levou a cabo a análise e que son Chan do Bosque-Amieirolongo, Ledicia-Sanguiñeda, Nosa Terra de Pereiras e San Rafael de Pereiras.

 

En total, ata o día de hoxe, celebráronse tres mesas da Comisión de Seguimento dende que se constituíu o 7 de febreiro: a de constitución, unha segunda o pasado 11 de abril e a desta mañá que foi a terceira e última.

 

Pola súa banda o presidente da Confederación Hidrográfica informou de que, dende a administración que preside seguiranse a realizar analíticas ao atoparse este labor dentro dos seus cometidos ordinarios.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.