PROVINCIA
A Deputación de Pontevedra volve a contar coa presenza da moteira Alicia Sornosa para percorrer as Rías Baixas
A xornalista e blogueira, primeira muller de fala hispana en dar a volta ao mundo en moto, contará a súa experiencia visitando a provincia sobre dúas rodas.
![[Img #41716]](upload/img/periodico/img_41716.jpg)
Hoxe arranca en Vigo a ruta polas Rías Baixas, promovida pola Deputación de Pontevedra, un percorrido circular en moto que contará con paradas nos lugares máis emblemáticos do patrimonio cultural e dará a coñecer os atractivos da provincia.
Neste evento, que conta coa colaboración da institución provincial, participará a xornalista e blogueira Alicia Sornosa, a primeira muller de fala hispana en dar a volta ao mundo en moto relatándoo a través da súa web e redes sociais, que reforzará a acción cun blogtrip no que se fará eco das súas experiencias nas Rías Baixas.
Na primeira ruta, que ten lugar hoxe, visitarán lugares turísticos coma o Castro de Santa Tegra, no concello de A Guarda. Por outra banda, mañá martes percorrerán o interior da provincia a través dos viñedos do Condado, o castelo de Soutomaior e o Pazo de Oca en A Estrada. Xa para rematar, o mércores visitarán unha bodega, a fortaleza da Lanzada, a cidade de Pontevedra e, posteriormente, trasladaranse ao Morrazo, onde farán unha parada en Cabo Home para, finalmente, continuar o último tramo da ruta en Vigo.
Sornosa encargarase de plasmar estas rutas a través do seu blog e redes sociais, nas que conta con case 33.000 seguidores en Facebook, case 9.000 en Instagram, 11.200 en Twitter, 6.623 en Youtube, 124 en Vimeo e 5.670 en su blog. A través destas canles dará a coñecer de maneira online os intereses turísticos, culturais ou gastronómicos da provincia para todos os seus seguidores.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184