Lunes, 13 de Octubre de 2025

Xornal21
Jueves, 31 de Mayo de 2018 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Xuntanza informativa sobre a situación da educación en Salceda

Os socialistas contarán coa presenza do deputado Guillermo Meijón o venres 1 de xuño no Centro Social A Devesa.

[Img #41737]

 

Unha vez máis os socialistas de Salceda poñen o foco na "deficiente situación da educación en Salceda, despois de que o goberno da Xunta de Galicia anunciase unha ampliación do CEP Altamira" que Verónica Tourón tilda de “totalmente insuficiente”.


Comunican as concelleiras socialistas que "na xuntanza que se celebrará o 1 de xuño ás 20:30 horas no Centro Social A Devesa, informarán sobre a ampliación do CEP Altamira, o comedor, as necesidades das escolas unitarias ou que vías teñen as mozas e mozos de Salceda ó rematar a ESO".


Na reunión estará presente o Deputado e Vicepresidente da Comisión de Educación no Congreso dos Deputados, Guillermo Meijón.


A reunión é aberta e convidan a participar na mesma a todos os veciños e veciñas en xeral. “É moi importante que as familias coñezan a situación real na que estudan os nosos nenos e nenas e a que se van atopar no comezo do novo curso escolar”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.