GALICIA
A tempada de caza 2018-2019 comezará o vindeiro 1 de agosto e rematará o 31 de xullo de 2019
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Resolución pola que se determinan as datas que da tempada de caza 2018-2019, así como as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies. Deste xeito, a nova tempada de caza abarca o período comprendido entre o 1 de agosto ata o 31 de xullo de 2019.
Así, a Dirección Xeral de Patrimonio Natural establece como período hábil para exercer esta práctica, válido con carácter xeral, vai desde o 21 de outubro de 2018 ata o 6 de xaneiro de 2019, considerándose días hábiles de caza, con carácter xeral, os xoves, domingos e festivos de carácter estatal e autonómico; coas excepcións que para cada especie se sinalan no Título V da resolución.
Tal e como se establece na Resolución, a norma regula os períodos hábiles de caza, as especies sobre as que se poderá exercer a práctica cinexética, os métodos autorizados e as limitacións xerais ou particulares que afectarán ao exercicio desta actividade na Comunidade Autónoma durante a próxima tempada 2018-2019.
Unha das novidades que recolle a nova tempada de caza é que se amplía o período hábil para a captura de xabaril, respecto da tempada anterior, ao concluír o 3 de febreiro de 2019; mentres que na tempada anterior rematou o 14 de xaneiro de 2018. Así, o período hábil para a caza de xabaril establécese como sigue: en terreos de réxime cinexético especial do 25/08/2018 ata o 03/02/2019 xoves, sábados, domingos e festivos. En terreos de réxime cinexético común do 25/08/2018 ata o 31/08/2018 e do 07/01/2019 ata o 03/02/2019 os xoves, sábados, domingos e festivos, e do 01/09/2018 ao 05/01/2019 unicamente os sábados.
Unha das novidades da nova tempada é que se amplía en máis de 15 días o período hábil para o xabaril, que se estende ata o 3 de febreiro
Outra das novidades que se recollen para a nova tempada, destaca a normalización dun total de 15 procedementos administrativos recollidos na resolución. A finalidade é axilizar a tramitación, así como a comunicación aos solicitantes. Na seguinte táboa indícanse os procedementos modelizados, así como a entidade que resolve:
Procedemento
Entidade
Prazo presentación/ solicitude
Aprobación do plan anual de aproveitamento cinexético
Xefatura territorial
Ata 11-07-2018
Renovación do plan de ordenación cinexética
Xefatura territorial
Ata 30-06-18
Comunicación previa das cazarías que se realicen baixo a modalidade de batida, montería, espera e axexo
Xefatura territorial
Varios
Comunicación de resultados cinexéticos en cazarías que se realicen baixo as modalidades de batida, montería, espera ou axexo
Xefatura territorial
Quince días naturais dende a data da realización da cazaría
Autorización para realizar adestramentos de cans atrelados en zonas libres de caza (ZLC)
Xefatura territorial
Todo o ano, excepto en abril, maio e xuño
Autorización para realizar xestión cinexética en vedados por razóns técnicas, de seguridade, científicas, sanitarias ou sociais
Xefatura territorial
Ata o 11-07-18
Autorización para cazar aves prexudiciais para a agricultura e a caza
DX Patrimonio Natural
Todo o ano, excepto en abril, maio e xuño
Autorización para realizar o adestramento de cans de rastro e mostra e/ou aves de cetrería con fins de competición
Xefatura territorial
Todo o ano, excepto en abril, maio e xuño
Autorización para realizar competicións de caza
Xefatura territorial
Todo o ano, excepto en abril, maio e xuño
Autorización para realizar batidas ou montarías en zonas libres de caza (ZLC)
Xefatura territorial
Todo o ano, excepto en abril, maio e xuño
Autorización para realizar batidas ou montarías por danos ocasionados polas especies cinexéticas
Xefatura territorial
Todo o ano, excepto en abril, maio e xuño
Autorización pra realizar esperas por danos ocasionados polas especies cinexéticas
Xefatura territorial
Todo o ano, excepto en abril, maio e xuño
Autorizacións para realizar soltas de especies cinexéticas no medio natural
Xefatura territorial
Todo o ano, excepto en abril, maio e xuño
Autorizacións para cazar na modalidade de cetraría durante todo o ano, excepto no mes de abril, maio e xuño, en zonas libres de caza
Xefatura territorial
Todo o ano, excepto en abril, maio e xuño
Autorización para a caza do paspallás (Coturnix coturnix), pombo torcaz (Columba palumbus) e rula común (Streptopelia tutur), nos tecor da antiga Lago de Antela
Xefatura territorial
Ata o 03-08-18
Preferiblemente, as solicitudes presentaranse por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
De acordo co establecido na nova normativa que regula o procedemento administrativo, para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica e as persoas representantes dunha das anteriores, a presentación electrónica será obrigatoria.
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Resolución pola que se determinan as datas que da tempada de caza 2018-2019, así como as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies. Deste xeito, a nova tempada de caza abarca o período comprendido entre o 1 de agosto ata o 31 de xullo de 2019.
Así, a Dirección Xeral de Patrimonio Natural establece como período hábil para exercer esta práctica, válido con carácter xeral, vai desde o 21 de outubro de 2018 ata o 6 de xaneiro de 2019, considerándose días hábiles de caza, con carácter xeral, os xoves, domingos e festivos de carácter estatal e autonómico; coas excepcións que para cada especie se sinalan no Título V da resolución.
Tal e como se establece na Resolución, a norma regula os períodos hábiles de caza, as especies sobre as que se poderá exercer a práctica cinexética, os métodos autorizados e as limitacións xerais ou particulares que afectarán ao exercicio desta actividade na Comunidade Autónoma durante a próxima tempada 2018-2019.
Unha das novidades que recolle a nova tempada de caza é que se amplía o período hábil para a captura de xabaril, respecto da tempada anterior, ao concluír o 3 de febreiro de 2019; mentres que na tempada anterior rematou o 14 de xaneiro de 2018. Así, o período hábil para a caza de xabaril establécese como sigue: en terreos de réxime cinexético especial do 25/08/2018 ata o 03/02/2019 xoves, sábados, domingos e festivos. En terreos de réxime cinexético común do 25/08/2018 ata o 31/08/2018 e do 07/01/2019 ata o 03/02/2019 os xoves, sábados, domingos e festivos, e do 01/09/2018 ao 05/01/2019 unicamente os sábados.
Unha das novidades da nova tempada é que se amplía en máis de 15 días o período hábil para o xabaril, que se estende ata o 3 de febreiro
Outra das novidades que se recollen para a nova tempada, destaca a normalización dun total de 15 procedementos administrativos recollidos na resolución. A finalidade é axilizar a tramitación, así como a comunicación aos solicitantes. Na seguinte táboa indícanse os procedementos modelizados, así como a entidade que resolve:
Procedemento |
Entidade |
Prazo presentación/ solicitude |
Aprobación do plan anual de aproveitamento cinexético |
Xefatura territorial |
Ata 11-07-2018 |
Renovación do plan de ordenación cinexética |
Xefatura territorial |
Ata 30-06-18 |
Comunicación previa das cazarías que se realicen baixo a modalidade de batida, montería, espera e axexo |
Xefatura territorial |
Varios |
Comunicación de resultados cinexéticos en cazarías que se realicen baixo as modalidades de batida, montería, espera ou axexo |
Xefatura territorial |
Quince días naturais dende a data da realización da cazaría |
Autorización para realizar adestramentos de cans atrelados en zonas libres de caza (ZLC) |
Xefatura territorial |
Todo o ano, excepto en abril, maio e xuño |
Autorización para realizar xestión cinexética en vedados por razóns técnicas, de seguridade, científicas, sanitarias ou sociais |
Xefatura territorial |
Ata o 11-07-18 |
Autorización para cazar aves prexudiciais para a agricultura e a caza |
DX Patrimonio Natural |
Todo o ano, excepto en abril, maio e xuño |
Autorización para realizar o adestramento de cans de rastro e mostra e/ou aves de cetrería con fins de competición |
Xefatura territorial |
Todo o ano, excepto en abril, maio e xuño |
Autorización para realizar competicións de caza |
Xefatura territorial |
Todo o ano, excepto en abril, maio e xuño |
Autorización para realizar batidas ou montarías en zonas libres de caza (ZLC) |
Xefatura territorial |
Todo o ano, excepto en abril, maio e xuño |
Autorización para realizar batidas ou montarías por danos ocasionados polas especies cinexéticas |
Xefatura territorial |
Todo o ano, excepto en abril, maio e xuño |
Autorización pra realizar esperas por danos ocasionados polas especies cinexéticas |
Xefatura territorial |
Todo o ano, excepto en abril, maio e xuño |
Autorizacións para realizar soltas de especies cinexéticas no medio natural |
Xefatura territorial |
Todo o ano, excepto en abril, maio e xuño |
Autorizacións para cazar na modalidade de cetraría durante todo o ano, excepto no mes de abril, maio e xuño, en zonas libres de caza |
Xefatura territorial |
Todo o ano, excepto en abril, maio e xuño |
Autorización para a caza do paspallás (Coturnix coturnix), pombo torcaz (Columba palumbus) e rula común (Streptopelia tutur), nos tecor da antiga Lago de Antela |
Xefatura territorial |
Ata o 03-08-18 |
Preferiblemente, as solicitudes presentaranse por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
De acordo co establecido na nova normativa que regula o procedemento administrativo, para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica e as persoas representantes dunha das anteriores, a presentación electrónica será obrigatoria.
Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101