MOS
Innovación educativa de altos voos en Mos
“O patio que soñamos” é un proxecto pioneiro que comezará a facerse realidade antes do remate do presente curso escolar.
![[Img #41807]](upload/img/periodico/img_41807.jpg)
O pasado martes 29 de maio pola mañá a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Educación mosense, Camilo Augusto, visitaron o Colexio Mestre Martínez Alonso para contemplar in situ as maquetas do proxecto “O patio que soñamos” confeccionadas polo alumnado de Infantil e Primaria do Centro Educativo.
Da visita, na que os representantes municipais estiveron acompañados por profesorado e alumnos/as, extraeuse o plan de traballo para facer realidade o soño de “O patio que soñamos”. Para empezar, xa que queda pouco tempo para final de curso, marcáronse os obxectivos máis sinxelos de acadar como o pintado dunha raiola ou xogo da mariquitiña no chan do patio, enviar unha carta ás familias para facer unha listaxe a modo de inventario das que poden e queren participar e colaborar no proxecto, reunir material (pintura, madeira, accesorios, mobiliario… etc.) para poder empezar a traballar canto antes unha vez se inicie o vindeiro curso, tramitar o procedemento de compra dos elementos exteriores de maior envergadura como poden ser columpios, tobogán, mesa de pinpón, etc.
Ademais proxectouse durante a visita do martes a posibilidade de organizar unha exposición aberta ao público en xeral e ao alumnado doutros colexios das máis de 10 maquetas elaboradas polos cativos de Castro-Mos e que hoxe puideron contemplar os representantes municipais Arévalo e Augusto.
Ademais, unha vez rematado o proceso de execución de “O patio que soñamos”, os seus protagonisas queren organizar unha gran festa a modo de inauguración, aínda que deixando claro que se trata dun proxecto aberto e vivo que continuará en permamente evolución engadindo sempre que sexa necesario cambios e melloras.
“O patio que soñamos” é unha iniciativa baseada na innovación educativa, un proxecto pioneiro que vai da man do Centro de Formación e Recursos, CFR, de Vigo, dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Este Centro aporta ao profesorado do Colexio Castro-Mos formación e asesoramento durante todo o tempo de vida deste “Patio que soñamos”. Formación ademais oficial e regulada.
O proxeto “O patio que soñamos” está dotado de material audiovisual e gráfico, maquetas, así coma paneis e planos de manufactura propia. Incluso deseñaron un logotipo propio para o proxecto, unha nube de estilo naíf, coa que elaboraron o seu propio merchansing: gorras… etc.
Trátase dun Proxecto Documental Integrado polos equipos de Dinamización da Lingua Galega, Dinamización de Biblioteca, Actividades Extraescolares e Convivencia, que naceu durante o presente curso académico 2017/2018 para dar resposta á formación recibida no Plan de Formación Permanente do profesorado do centro en materia de educación, convivencia e creatividade.
Mediante este proxecto o equipo integrante de “O patio que soñamos” realizou unha análise do patio de recreo do Colexio Castro-Mos como espazo no que, ao igual que en todos os centros educativos, se producen conflitos entre o alumnado. Para evitar e mellorar a resolución dos devanditos conflitos deseñaron unha proposta de modificación física dos espazos recreativos exteriores mediante a inclusión de novos elementos que mestres, alumnos/as e pais/nais de alumnos/as consideran que mellorarían en moito dita convivencia.
Realizaron enquisas nas que participou toda a comunidade escolar, extraendo das mesmas conclusións moi construtivas. A proposta valorada que naceu froito deste estudo previo, que lle foi entregada aos representantes municipais esta mañá, inclúe a colocación no patio exterior de Educación Infantil de cabanas de madeira na zona verde, unha cociña de xoguete ao aire libre, presas e balanzas, un tobogán e a creación dun recuncho da arte e doutro con tubos e area. Por outra banda no patio de Educación Primaria quérese colocar unha mesa de Pin-pon e crear un recuncho artístico creativo, outro de teatro, de música, de convivencia, de lectura ao aire libre e descanso, e multideporte; e instalar unha pista de xogos (na que se pintaría no chan a clásica raiola ou “mariquitilla”, etc.) e mellorar a horta xa existente.
Todos os elementos que non quedarían fixos nos patios, que son a maioría, serían diariamente colocados e retirados directamente polos integrantes da comunidade escolar, organizando grupos para turnarse periódicamente nesta tarefa.
O Colexio Castro-Mos é un centro educativo moi concienciado coa importancia da convivencia pacífica e no fomento da resolución de conflitos e mediación entre iguais. De feito teñen creado un grupo de alumnos-mediadores que realizan dita función cando surxen problemas entre escolares no patio, sempre baixo a supervisión de adultos docentes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184