Sábado, 24 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 08 de Junio de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra asina un convenio co Colexio de Médicos para educar en saúde

Carmela Silva puxo en valor “unha iniciativa que atende as novas necesidades do século e que terá continuidade porque moi cedo imos a estendelo aos 61 concellos da provincia”.

[Img #41948]

 

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asinou esta semana un convenio de colaboración co presidente do Colexio Oficial de Médicos, Luís María Campos Villarino, para a posta en marcha dun proxecto piloto, consistente en accións formativas encamiñadas formar á cidadanía de 22 concellos da provincia na consecución dunha mellor educación para a saúde. Silva amosou a súa satisfacción por este convenio centrado “na saúde da cidadanía, un dereito fundamental de todas as persoas, e na demanda social de ter información e responder ás consecuencias dunha sociedade que ten cambiado moito neste século XXI”.

 

Máis polo miúdo, a través deste convenio vanse impartir accións formativas dirixidas á xuventude e ás persoas maiores. Deste xeito, tal e como informou a presidenta da Deputación, impartiranse 10 charlas centradas nas enfermidades de transmisión sexual e nutrición e trastornos alimentarios para a xuventude. En canto ás persoas maiores, ofreceranse cinco charlas sobre a hospitalización a domicilio e outras cinco sobre trastornos depresivos e de ansiedade. Amais, tamén se impartirán dúas accións dirixidas a entidades e asociacións de Vigo, sobre enfermidades raras e neurodexenerativas, e de Pontevedra, sobre trastornos depresivos e ansiedade.

 

Todas as accións formativas durarán unha hora e rematarán cun coloquio no que as persoas asistentes poderán formular as dúbidas que xurdan con respecto á temática da charla.

 

O presidente  do Colexio Oficial de Médicos, Luís María Campos Villarino, agradeceu á Deputación a súa “axuda e entusiasmo na posta en marcha desta iniciativa centrada no mantemento da saúde e benestar social da cidadanía”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.