PROVINCIA
A Deputación de Pontevedra pon en marcha a campaña "Somos historias, somos sostibles"
Con motivo do Día Internacional do Medio Ambiente, o goberno de Carmela Silva súmase ao rexeitamento dos plásticos.
![[Img #41952]](upload/img/periodico/img_41952.jpg)
Con motivo do Día Internacional do Medio Ambiente, o goberno de Carmela Silva, vén de anunciar a súa nova campaña de sensibilización "Somos historias, somos sostibles". A iniciativa, coa que a institución provincial se suma ao rexeitamento dos plásticos, arrancará de cara ao verán e estará destinada á poboación usuaria das praias da provincia de Pontevedra, aos festivais RíasBaixasFests e a Festas de Interese Turístico da provincia.
A presidenta da Deputación anunciou que os obxectivos de "Somos historias, somos sostibles" será a concienciación da sociedade sobre a necesidade da recollida dos residuos máis nocivos nestes entornos: as cabichas e os plásticos. Segundo sinalou Carmela Silva "a proposta vaise basear nunha acción participativa na que o público realizará accións simbólicas de recollida destes materiais e a cambio poderán beneficiarse de sorteos de entradas para festivais na edición do 2019 ou outro tipo de premio similares".
A campaña, enfocada cara o turismo sustentable, vai contar con recursos materias e recursos humanos de apoio. No que respecta aos recursos materiais, a institución provincial proporcionará unha carpa de recepción personalizada encargada de facer un chamamento á sociedade, 50.000 unidades de envases (fabricados con cartón ecolóxico e reciclable) para cabichas e pequenos residuos, catro soportes rolling (para a exposición de información, datos, imaxes e gráficas), tres urnas transparentes para o depósito dos residuos que entreguen os participantes e, enfocado ao público máis novo, tamén haberá 2.200 unidades de frisbees personalizados coa imaxe da campaña.
A iniciativa de sensibilización da institución provincial arrancará de cara ao verán nas praias, nos RíasBaixasFest e nas Festas de Interese Turístico da provincia
En canto aos recursos humanos, tres monitoras e monitores ambientais terán a misión de concienciar e facer participar á poboación e unha persoa será a responsable de dirixir e canalizar a correcta execución da campaña.
En 2015, a produción mundial de plásticos chegou a 322 millóns de toneladas e espérase que, nos vindeiros vinte anos, esta cifra se duplique. A presidenta da institución provincial amosou a súa preocupación ante esta situación que se está a vivir na actualidade nos océanos, "nos últimos días temos visto nos distintos medios de comunicación como moitos animais están a morrer pola inxesta deses plásticos. Con esta campaña queremos loitar contra esta realidade e intentar que estes datos diminúan" destacou Silva.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184