MOS
A app “Mos Informa-BANDOMOVIL” incorpora 136 usuarios dende a súa presentación
A aplicación, válida para smartphones, permite á veciñanza recibir información local en tempo real e poder interactuar co Concello comunicando incidencias ou remitindo suxestións.
![[Img #41978]](upload/img/periodico/img_41978.jpg)
O Concello de Mos presentaba esta semana na Axencia de Colocación a nova aplicación móbil municipal que leva por nome “Mos Informa-BANDOMOVIL” e que xa se atopa operativa e en funcionamento. Dende ese momento xa son 136 os/as usuarios/as que descargaron e instalaron a app nos seus teléfonos (114 usuarios de Andoid e 22 de IOS –Apple-) e 72 as visitas realizadas á web. Os usuarios rexistrados xa interactuaron na ferramenta municipal remitindo un total de 6 consultas, 5 propostas e 2 incidencias.
Á presentación celebrada no Salón de Actos da Axencia de Colocación asistiron 15 persoas, entre representantes de Asociacións e veciños/as particulares. Durante a mesma informouse aos/ás presentes de como baixar a aplicación nos seus smartphones, axudóuselles a instalala aos que se interesaron por facelo e impartiuse unha sesión tutorial de que utilidades ten e como funciona a app.
Esta iniciativa está promovida pola concellería mosense de Novas Tecnoloxías que dirixe o edil Óscar Soto. “Mos Informa-BANDOMOVIL” é unha ferramenta nova que vai a permitir que os/as seus/súas usuarios/as estean informados/as as 24 horas do día de calquera aviso ou información emitida dende o Concello.
Á a súa vez, esta ferramenta dispón dun servizo de comunicación directa de incidencias, propostas e consultas municipais, de modo que os/as veciños/as usuarios/as da mesma poidan enviar comunicacións sobre a caída dun arbol, mal estado de beirarrúas, molestias por ruídos, etc.,… Así como propostas de mellora que queiran facer e ademais recibirán todo tipo de información de calquera evento de interese para toda a veciñanza.
Soto explicou a este respecto que “debido a que hoxe en día o uso do móbil está tan extentido, esta aplicación terá unha utilidade sinxela, e de grande alcance para tódolos usuarios que se decidan e se animen a instalala e utilizala nos seus dispositivos. O obxectivo é que toda a veciñanza estea informada de forma instantánea, de todo o que suceda no municipio; ao tempo que sexa unha ferramenta que promova a interactividade entre a administración local e o seus habitantes promovendo a cercanía e a mellora dos servizos e prestacións municipais”.
Información, interacción e servizo en tempo real son os tres obxectivos principais que se pretenden acadar coa posta en marcha da app municipal “Mos Informa-BANDOMOVIL”.
Para descargar a aplicación, os/as interesados/as poderán facelo do seguinte xeito:
Si dispoñen dun teléfono Android poden descargar a app en Google Play (Play Store), buscando a app como “Mos Informa”, a través do enlace https://play.google.com/store/apps/details?id=es.bandomovil.mos.informa ou mediante un código QR. Si dispoñen dun teléfono IOS (iPhone) poden descargar a app en App Store buscándoa como “BANDOMOVIL”, a través do enlace, https://itunes.apple.com/us/app/bandomovil/id1049832681?l=es ou mediante un código QR. Unha vez instalada la app en IOS, o servizo iniciarase seleccionando Mos Informa.
Os veciños que non dispoñan de terminais compatibles, como por exemplo os que usen Blackberry o Windows Phone, poden consultar toda a información municipal que o Concello publique desde a seguinte páxina web adaptada a teléfonos móbiles: www.bandomovil.com/mos

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184