Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 11 de Junio de 2018 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A Concellería de Emprego destaca que 125 porriñesas e porriñeses traballan grazas aos programs de emprego

[Img #42007]

 

Os programas ‘Porriño Accede’ e ‘Plan de Emprego para Mulleres (PIEM)’, postos en marcha pola Concellería de Emprego. Servizos Sociais e Igualdade, que dirixe Soledad Girón, conqueriron "que un total de 125 porriñesas e porriñeses estean xa traballando" segundo explican dende o consistorio.


No que vai deste 2018, os 14 convenios asinados polo Concello con outras tantas empresas de automoción, loxística, mantemento ou distribución, fixeron posible que, ata o mes de maio, 46 persoas asinasen un contrato laboral, o 73% das 66 que participaron neste programa dende o 1 de xaneiro.


O ano pasado 67 persoas atoparon traballo logo de ter participado en ‘Porriño Accede’, o que representa o 55,8% de todas e todas as persoas integradas no mesmo, unha proporción que no caso das industrias do sector da automoción é do 73,3% -con 55 insercións de 75 alumnas e alumnos-.


Polo que atangue ao ‘Plan de Emprego para Mulleres (PIEM)’, está dirixido este ano a un total de 85 porriñesas en situación de desemprego, especialmente, mulleres novas, menores de 30 anos e sen cualificación profesional.
Como resultado do mesmo, o mes de abril, 11 delas comezaron a traballar coma soldadoras na planta de Viza Automoción no Porriño, que conta cun plantel de 500 persoas e subministra os seus produtos a grupos tan importantes coma PSA Peugeot Citroën, Audi, Renault, Volkswagen, Mercedes, Toyota ou Porsche.


Dentro destes mesmos programas, outras 12 persoas demandantes de emprego, das 16 que  iniciaron as súas prácticas, están traballando  en Gestamp grupo internacional adicado ao deseño, desenrolo e fabricación de compoñentes metálicos para o automóbil.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.