PROVINCIA
Montalbán e Soleto analizan as achegas do ambito xurídico e social ao Pacto de Estado contra a violencia de xénero
Inmaculada Montalbán destacou a necesidade dunha maior formación e especialización en xénero na carreira xudicial e apostou por “enfocar á violencia contra as mulleres de xeito estrutural, como unha cuestión de seguridade e orde pública”.
![[Img #42018]](upload/img/periodico/img_42018.jpg)
A Escola de Igualdade María Vinyals impulsou na xornada anual “Pacto de Estado contra a violencia de xénero. O estado da cuestión” unha mesa redonda sobre análise desde o ámbito xurídico e social no que participaron Inmaculada Montalbán Huertas, Maxistrada do Tribunal Superior de Justicia de Andalucía e Ex Vocal do Consello Xeral do Poder Xudicial onde ocupou o cargo de Presidenta do Observatorio contra a Violencia de Xénero e da Comisión de Igualdade, e Marisa Soleto Ávila, Directora da Fundación Mujeres, especialista en políticas públicas de igualdade de oportunidades e componente do Observatorio Estatal contra a Violencia de Xénero.
Montalbán centrou a súa intervención en reflexións da súa actividade como xuíza e da necesidade de incorporar determinadas cuestións, principalmente relacionadas coa formación, á carreira xudicial. Deste xeito, a maxistrada puxo en valor que o Pacto de Estado xurdiu como evidencia “da reactivación do compromiso social e político que naceu cando se aprobou a Lei de Igualdade e a Lei Integral contra Violencia de Xénero, dúas leis fundamentais que puxeron de manifesto que a violencia contra a muller é unha cuestión de dereitos humanos, de orde público, e non privada como ata aquel momento era tratada”.
A maxistrada recordou que trala aprobación destas dúas leis e coa chegada da crise económica desactiváronse os instrumentos normativos existentes e liñas de actuación claves contra a violencia de xénero como eran as cuestións educativas, as preventivas ou as competencias que tiñan as administracións locais en materia de igualdade. Neste contexto, Montalbán reivindicou que “soamente se pode afrontar a violencia contra as mulleres, un problema de abuso de poder, como se afrontan en política sa cuestións de dereitos humanos, é dicir, creando políticas múltiples dirixidas á igualdade de oportunidades e con normativas que reformulen as novas necesidades da sociedade e se apoien na presión social”.
Neste contexto, a maxistrada apostou pola recuperación da competencia por parte das administracións locais, como prevé o Pacto de Estado, por adecuar a normativa ao Convenio de Estambul e por fortalecer as institucións a través de persoal especializado e, para acadalo, “precisamos eliminar os estereotipos cos que nos manexamos en diferentes sectores, tamén na xustiza, e apostar pola formación en perspectiva de xénero”. Máis polo miúdo, Montalbán falou da necesidade de incorporar nos temarios que estudan as candidatas e candidatos a xuíza e xuíz tratados en materia de igualdade e promover unha especialización de xuízas e xuíces do mesmo xeito que existen nos xulgados do mercantil, menores, contencioso e social.
Amais, a maxistrada tamén apostou por reactivar as liñas de actuación da Lei Integral contra Violencia de Xénero e por mellorar a Lei de Igualdade, fundamentalmente na interpretación das leis. Neste contexto, Montalbán destacou que “a violencia contra as mulleres é unha forma de abuso de poder e hai que enfocala de forma estrutural, como unha cuestión de seguridade e orde pública, co compromiso de todas as institucións, principalmente a administración local”.
Marisa Soleto centrou a súa intervención nas achegas da sociedade civil ao Pacto do Estado e reclamou un cambio na xustiza: “Se non serve para arranxar os problemas da xente a xustiza non serve para nada”
Pola súa banda, Soleto Ávila puxo en valor as medidas de intervención social relacionadas coa sensibilización e prevención da violencia de xénero e sexual que inclúe o Pacto de Estado. Neste eido, a directora da Fundación Mujeres destacou que o pacto “é un auténtico proceso de avaliación da Lei Integral contra a Violencia de Xénero, que ten por obxectivo impulsar políticas para a prevención e intervención no ámbito da violencia contra as mulleres”.
Sen embargo, Soleto Ávila asegurou que o Pacto de Estado se trata “dun documento de mínimos, non recolle a vangarda, senón que amosa as aportacións da experiencia no marco dun acordo político moi amplo, que representa o que precisamos arranxar de xeito inmediato porque as leis fallan”. Tamén reivindicou Soleto que o pacto incluía “un gran paquete de modificacións lexislativas que xa tiña que estar aprobado e non se fixo, leva un gran retraso na súa execución, aínda que algunhas cuestións, como o Observatorio da Igualdade de RTVE xa se puxo en marcha”.
Tamén reivindicou Soleto cambios no eido da xustiza: “A xustiza se non serve para arranxar os problemas da xente non serve para nada e temos moitos problemas sen arranxar”. Máis polo miúdo, a directora da Fundación Mujeres recordou a situación das e dos menores, das familias das vítimas, as propias sentenzas xudiciais, cuestións de tutela aprazadas durante anos ou maltratadores que non deixan que os seus fillos e fillas pasen por tratamento psicolóxico.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184