MOS
AKÍ Mos regala 4.000 rosas na víspera da festa local
A empresa agasalla coa flor mosense por excelencia ós veciños e veciñas do Concello que fagan calquera adquisición na tenda de Amieirolongo
Esta mañá realizouse a campaña que a tenda AKÍ de Mos inicia con motivo das Festas da Rosa. O acto de presentación celebrouse ás 12.00 horas na propia tenda situada en Amieirolongo, Estrada Nacional 550 O Porriño-Redondela; e nel estiveron presentes a concelleira de Cultura, Sara Cebreiro, os responsables de departamento e un encargado de sección de AKÍ Mos, e o traballador de AKÍ veciño de Mos que colaborou, xunto co director da tenda, en idear e deseñar esta iniciativa.
A campaña presentada consiste en que, ata fin de existencias, os clientes mosenses de AKÍ Mos reciben unha rosa como agasallo por calquera compra realizada. Esta iniciativa surxiu ante o interese da empresa AKÍ por involucrarse nos costumes locais e, neste caso en concreto, por apoiar a Festa da Rosa, unha das tradicións locais de maior relevancia. O AKÍ de Mos permanecerá pechado ó público mañá mércores, 13 de xuño, Día da Rosa e festivo local, demostrando así de novo o seu respecto polos costumes municipais.
![[Img #42150]](upload/img/periodico/img_42150.jpg)

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184