Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 15 de Junio de 2018 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A alcaldesa pedirá a José Luis Ábalos a eliminación do paso do tren polo centro

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, vén de remitir unha carta ao novo ministro de Fomento, José Luis Ábalos, na que solicita unha xuntanza dos voceiros da Corporación con él coa finalidade de tratar a supresión do paso do tren polo centro da vila.


Na carta a alcaldesa subliña que “ata hoxe as xestións realizadas con ADIF e o Ministerio de Fomento do anterior Goberno non son non deron froitos senón que xeraron entre os responsábeis político locais e os veciños un considerable enfado polo trato recibido e pola falla de vontade política para acometer este proxecto”.


Eva García de la Torre sinala que o pasado 1 de xuño O Porriño foi escenario dunha concorrida manifestación esixindo a Fomento a eliminación do paso a nivel e lembra que O Porriño está reclamando dende 1948 que o tren deixe de pasar polo casco urbano, onde chega a velocidades de 140 quilómetros  por hora, transitando a moi preto de edificios de vivendas e da praza de abastos, e subliña que  en setembro de 2016 no Porriño houbo un accidente no que morreron catro persoas e outras 50 resultaron feridas de distinta consideración.


A alcaldesa adxunta a esta comunicación a carta enviada o 23 de abril, e que non obtivo resposta, ao anterior titular de Fomento, Íñigo de la Serna, na que facía un resumo da actuación de ADIF nos anos anteriores (dende a xuntanza cos seus directivos en Madrid en setembro de 2015, pasando pola visita a O Porriño da directora de Infraestruturas deste organismo e finalmente, a dunha delegación o 12 de abril, “sen ningúns resposta concreta e limitándose a expoñer a partida de 800.000€, incluída no borrador dos Orzamentos Xerais do Estado para 2018 para a realización dun estudo previo para a supresión do paso a nivel sen ter en conta o proxecto de 2007, modificado en 2011, sobre a ‘saída sur’ que caduca en novembro deste mesmo ano”).

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.