GALICIA
Os alumnos galegos contarán o curso que vén con 617 auxiliares de conversa, un 12% máis que o ano pasado
Subliña que, en virtude do convenio co Ministerio de Educación, vanse incorporar auxiliares nativos para impartir varios idiomas: 468 de inglés, 14 de francés, 7 de alemán, 2 de portugués e 2 de chinés.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que os alumnos galegos contarán ao curso que vén con 617 auxiliares de conversa, un 12% máis que o ano pasado.
Durante a rolda de prensa do Consello, Feijoo subliñou que a través dun convenio co Ministerio de Educación seleccionaranse a 493 auxiliares de conversa destinados a Galicia e, os 124 profesionais restantes financiaranse por outras vías como: o convenio asinado coa Comisión Fulbright; con outros acordos de colaboración co Ministerio e cos institutos Confucio, Camões ou coa Académie de Amiens; ou financiados directamente pola Consellería.
Cómpre subliñar que o novo convenio co Ministerio ascende a 2,9 millóns de euros, un 5% máis ca o ano pasado e incorporará auxiliares nativos para impartir varios idiomas: 468 de inglés, 14 de francés, 7 de alemán, 2 de portugués e 2 de chinés. Estes profesionais recibirán unha axuda económica e realizarán funcións de apoio á docencia da lingua estranxeira no centro de destino, sempre supervisados por un titor coordinador.
Afirma que desde 2009 Galicia pasou de ter cero centros plurilingües a ter 322
Estes profesionais recibirán unha axuda económica e realizarán funcións de apoio á docencia da lingua estranxeira no centro de destino, sempre supervisados por un titor-coordinador.
Feijóo recordou o importante papel de reforzo do ensino plurilingüe que desenvolven os auxiliares, xa que ademais de facilitar as prácticas de conversa tamén achegan aos alumnos a cultura dos seus países de orixe.
O presidente da Xunta afirmou que se reforza a aposta de Galicia polo ensino plurilingüe. Engadiu que desde 2009, nestes nove cursos, a Comunidade galega multiplicou por seis o número de seccións bilingües, ata chegar ás 4.125; e pasou de 13.000 alumnos cun ensino plurilingüe a 106.000.
Así mesmo, desde 2009, Galicia pasou de ter cero centros plurilingües a ter 322. E este curso, 83 centros ampliaron por primeira vez o ensino plurilingüe a infantil, 4 ao bacharelato e puxéronse en marcha 12 ciclos de FP plurilingües.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136