Lunes, 26 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 16 de Junio de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

Palillada multitudinaria en Mos con motivo das Festas da Rosa

500 palilleiras participaron hoxe na undécima xuntanza mosense.

[Img #42335]

 

A tradicional Xuntanza de Palilleiras con motivo das Festas da Rosa chegou este ano á súa undécima edición. O número de participantes ascendeu a 500 pero ao longo do día de hoxe pasaron por Costoias máis de 800 persoas, entre palilleiros/as participantes e visitantes.

 

A XI Edición da Xuntanza de Palilleiras de Mos celebrouse en Costoias-Tameiga dende as 10.30 horas de hoxe. E pola tarde achegouse ata alí a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada da concelleira de Cultura, Sara Cebreiro.

 

[Img #42338]A Xuntanza de Palilleiras é xa un referente para un gran número de asociacións que dende moitos puntos de España se achegan a Mos cada ano. Nesta ocasión visitaron a localidade mosense asociacións de palilleiras chegadas dende O Porriño, Val Miñor, Baixo Miño, Silleda, Ponteareas, Pontevedra, Valga, Ames, A Coruña, Camariñas, Redondela, Salvaterra, A Guarda, Ourense, Moaña, Bueu, Fene, Vilanova de Arousa, Cambados e Ferrol. Procedentes doutras comunidades autónomas chegaron por primeira vez palilleiros/as procedentes de Asturias e Castela León.

 

A de Mos é unha xuntanza diferente á de outros concellos, xa que ten lugar ao aire libre, nun entorno como o Parque de Costoias.


A xornada de encontro contou tamén coa actuación dos alumnos da escola Maison ás 12.30 horas, ás 17.00 horas un desfile de moda infantil e para adultos con prendas íntegramente deseñadas e confeccionadas polos membros da Asociación de Palilleir@as de Mos con diferentes tipos de encaixe do mundo pero primando sobre todos eles o encaixe popular-torchón, ás 17.30 horas un Flashmob da Muiñeira de Mos co gaiteiro mosense compositor da mesma, Xulio Lorenzo, e acto de clausura ás 19.30 horas.


En premio ao seu bo facer, a Asociación de Palilleir@s de Mos foi convidada ao 30 Aniversario do Encontro Mundial de Artesanía de Novadrate (Italia), a onde asistirán o vindeiro mes de outubro. A concelleira de Cultura, Sara Cebreiro, e a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, recibiron de mans da directiva da Asociación de Palilleir@s de Mos, sendos detalles de deseño e confección propios. A primeira, uns zapatos con detalle en encaille de bolillos e, a segunda, un paraugas e unha pulseira de artesanía palilleira mosense. Ambas, Castro e Cebreiro, animáronse a desfilar con cadanseus complementos a petición do público e dos membros da Asociación.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.