Miércoles, 08 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 07 de Abril de 2026 a las 22:23:38 horas

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 25 de Junio de 2018 Tiempo de lectura:
Baiona

Baiona terá o seu primeiro mural urbano da man de Lula Goce

[Img #42413]Baiona terá o seu primeiro mural urbano e o  Concello de Baiona ha decido encargarllo ao seu a artista con maior proxección internacional do momento, Lula Goce.

 

O Consistorio aposta pola arte urbana e encargará á artista  baionesa pintar un dos seus famosos murais nunha parede situada na intersección da rúa Laureano Salgado coa recentemente humanizada Marqués de  Quintanar, xusto na nova zona de esparexemento e recreo que se creou tras a humanización.

 

A arte urbana é aquel que comunmente vemos en muros en distintas partes das cidades. Algunhas destas pinturas son moi orixinais xa que os artistas poden expresar a súa maneira de pensar a través dos debuxos ou imaxes, e Lula Goce é unha mestra neste campo. O tamaño da parede no que Lula deixará o seu sinal é de 70 metros cadrados. 

 

“Tras a humanización da Rúa Laureano Salgado e a de Marqués de  Quintanar consideramos idóneo adornar a parede situada na nova zona de esparexemento cun mural urbano e como non podía ser doutra maneira, pensamos na nosa artista internacional Lula Goce para iso. O primeiro mural de arte urbana que terá Baiona non podía ser doutra artista que non fose ela, en Baiona apostamos polo noso. Hai que facer este mundo máis bonito e máis se o pode ver todo o todo o mundo que pasa por aí.”, declarou o Alcalde, Ángel Rodal.

 

A idea é que progresivamente se poida ir decorando o municipio mediante distintas actuacións artísticas para convertela "nunha especie de museo aberto, con espazos decorados de maneira máis moderna e máis adaptados á realidade un municipio moderno e urbano", segundo destacou o alcalde.

 

Lula Goce (Baiona-Pontevedra, 1976). Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Salamanca na especialidade de Pintura, doutorada e máster en Belas Artes pola Universidade de Barcelona, técnica en Ilustración pola  Escola de Dóaa de Barcelona e técnica en deseño gráfico polo Centro Pauta  Formació de Barcelona. Esta artista, que emprega fundamentalmente a linguaxe do debuxo, foi quen de deseñar fermosas instalacións nas que o papel e a repetición teñen moita relevancia.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.