MOS
Rematada a obra de humanización en Puxeiros
Os traballos prolongáronse durante tres meses.
![[Img #42420]](upload/img/periodico/img_42420.jpg)
Fai tres meses que se iniciou a obra de humanización na Avenida de Puxeiros, entre a glorieta da estrada Puxeiros-Mos e o acceso á Autovía A-55 no punto quilométrico 9.
Esta obra foi contratada pola administración local mosense e está financiada mediante unha subvención do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Vías e Obras, Luis Alonso, supervisaban os últimos detalles dos traballos –que a día de hoxe se atopan xa finalizados- o pasado venres, 15 de xuño.
Os traballos na Avenida de Puxeiros consistiron nun muro de contención, instaláronse as tuberías para a canalizacións das auguas pluviais e do alumeado público, os sumideiros para pluviais e realizáronse as bases para as farolas led de baixo consumo que melloran en moito a iluminación da zona, así coma instalación das mesmas e acometida dos bordillos e o formigonado das beirarrúas e colocación da plaqueta. Tamén se realizou a instalación de mediana axardinada na estrada, dotada de bordillo, e asfaltado e pintado da sinalización horizontal do vial. O pintado inclúe a senda peonil e ciclista en vermello na beira da estrada na que non hai beirarrúa.
Detalles da obra
A Avenida de Puxeiros é un tramo da antiga estrada nacional N-120, cedida por Fomento ao Concello de Mos. Atopábase humanizada parcialmente, entre a glorieta da que parten a EP-2603 (Puxeiros-Peinador) e a EP-2604 (Puxeiros-Rebullón) e a glorieta da que parte a EP-2601 (Puxeiros-Mos).
O Concello de Mos, segundo declararon os representantes municipais Nidia Arévalo, rexedora local, e Luis Alonso, concelleiro de Vías e Obras “está concienciado sobre a necesidade de aumentar a seguridade viaria e humanizar os tramos de vías municipais que discorren polos núcleos máis urbanos. Por iso, para dar continuidade ao tramo urbanizado existente, tomouse a decisión de realizar a humanización do tramo que vai desde a ligazón coa A-55 no punto quilométrico 9 e acaba na glorieta da que parte a Estrada Puxeiros-Mos (EP-2601) e a Rúa Ludeiro, ao norte (PK 0+468)”.
O ámbito de actuación, ao sur do tramo urbanizado da Avenida de Puxeiros, actualmente carece de beirarrúas e ten unha iluminación pobre, nun tramo cun tráfico denso, ao servir de acceso á A-55 quilómetro 9 para algúns dos polígonos industriais da zona. Por iso, para mellorar a seguridade viaria dos peóns e dos usuarios da vía, as actuacións inclúen principalmente a humanización deste tramo da Avenida de Puxeiros, mediante a ordenación de espazos. Desta forma créanse itinerarios peonís máis seguros, con novas beirarrúas (marxe oeste) e sendas a nivel (marxe este).
Así mesmo, proxectouse un novo muro de pedra na marxe oeste, para conter a citada beirarrúa, que xa se atopa rematado. E como obras complementarias que aumentan a seguridade viaria inclúense a mellora da iluminación (farois con leds de baixo consumo), adecuación da drenaxe aos novos pavimentos, creación dunha mediana que se axardinará para urbanizar esta contorna, execución de pasos de peóns elevados e nova sinalización horizontal e vertical, entre outras. O investimento é de 261.858 euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184