PROVINCIA
O Goberno da Deputación de Pontevedra súmase á condena e á dor polo último caso de violencia machista
A presidenta Carmela Silva manifestou “o meu horror e indignación ante esta lacra que non cesa e que é a cuestión máis grave e dolorosa que temos na sociedade”.
![[Img #42422]](upload/img/periodico/img_42422.jpg)
A presidenta da Deputación de Pontevedra trasladou hoxe “a conmoción de todo o goberno provincial” ante o último caso de violencia machista que rematou coa vida dunha veciña do Porriño de 47 anos de idade, presuntamente asasinada pola súa parella no mesmo día en que asinaban os papeis do divorcio.
Carmela Silva, que trasladou a “nosa solidariedade e agarimo para os fillos e familiares de Magdalena, da vítima”, non se esqueceu dos outros dous casos das últimas horas en Granada e Badalona. “Falamos de tres mulleres asasinadas en dous días. Isto é insoportable”, dixo a presidenta provincial, que expresou o seu convencemento de que “sei que se poñerán en práctica todas as medidas do Pacto de Estado contra a violencia de Xénero e por iso pido que, canto antes, se destinen eses recursos ás administracións locais para loitar contra esta lacra, a máis grave e dolorosa que temos nesta sociedade”.
Silva volveu a insistir en que “hai que cambiar o modelo no que a desigualdade forma parte do sistema establecido e que leva na súa cota mais alta de dor que se asasine a mulleres”. A presidenta da Deputación participou nun acto no Concello de Silleda, xunto ao deputado de Mobilidade, Uxío Benítez e o alcalde Manuel Cuiña, na concentración e minuto de silencio que se gardou en sinal de duelo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217