GALICIA
Feijóo salienta o traballo dos produtores de augardentes e licores de Galicia
Resalta o labor do Consello Regulador dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia que, baixo o seu paraugas, agrupa catro indicacións xeográficas e, nela están inscritas máis de 130 empresas.
O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacaba onte o traballo dos produtores de augardentes e licores de Galicia que exemplifican, dixo, o esforzo por levar un produto tradicional ás máis altas cotas de calidade.
Nese labor, referiuse especialmente ao do Consello Regulador dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia que, baixo o seu paraugas, agrupa catro indicacións xeográficas: licor de herbas, licor café, augardente de herbas e augardente de Galicia. E están inscritas máis de 130 empresas de toda a Autonomía e amparadas máis dun cento de referencias.
Nesta liña, salientou que a Comunidade galega, ademais de contar con dúas indicacións xeográficas específicas para o augardente, nos últimos cinco anos, Galicia incrementou un 20% o volume de augardentes e licores producidos coa etiqueta dalgunha das indicacións xeográficas e, nos primeiros meses deste ano a produción creceu un 25% respecto ao mesmo período de 2017.
Nos últimos cinco anos, Galicia incrementou un 20% o volume de augardentes e licores producidos coa etiqueta dalgunha das indicacións xeográficas e, nos primeiros meses deste ano, a produción creceu un 25% respecto a 2017
Durante a clausura do Congreso Nacional de Bebidas Espirituosas, Feijóo referiuse tamén ao etiquetado das botellas como a única garantía de que o produto cumpre con todos os requisitos sanitarios e de calidade, incidindo en que o etiquetado é sinónimo de produción controlada, baseada na calidade e na confianza.
Ao respecto, destacou a campaña que está a desenvolver a Federación Española de Bebidas Espirituosas, “Auténticamente auténtico”, destinada a garantir que o consumidor saiba en todo momento que produto está consumindo, un obxectivo que comparte a Xunta.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.44