GALICIA
A Xunta incrementa en case 160.000 euros as axudas a concellos para a rehabilitación de antigas vivendas de mestres
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da ampliación destas axudas.
A Xunta de Galicia publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o incremento en case 160.000 euros na dotación das axudas á rehabilitación de antigas vivendas de mestres e doutros oficios, así como edificacións de titularidade municipal. No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información relativa a este anuncio: https://goo.gl/6GCUaA
A convocatoria, publicada en decembro de 2017, prevía un total de 948.332 euros, correspondentes ás anualidades de 2018 (108.332 euros) e 2019 (840.000 euros). Á vista do volume de solicitudes, amplíase a dotación das axudas, de maneira que o total será de 1.107.806,99 euros.
Estas axudas concedidas ao abeiro da convocatoria de 2018 suporán máis do dobre das concedidas en 2017, na que se concederon o cen por cento das solicitadas e o crédito correspondente á anualidade 2018.
A convocatoria prevía un orzamento duns 950.000 euros, para 2018 e 2019, que ascenderá a máis de 1,1 millóns de euros coa ampliación do crédito
No que se refire á convocatoria actual, xa foron concedidas su a sete concellos por un importe total de máis de 893.000 euros e están en tramitación as solicitudes doutros concellos.
Os concellos beneficiarios das axudas son Tordoia, 1 vivenda; Ordes, 1; Bande, 3; Vilardevós, 6; Mos, 1; Rianxo, 4; Oia, 2; e Sober, 4.
Poden beneficiarse destas axudas de rehabilitación os concellos de menos de 20.000 habitantes nos que existan demandantes de vivenda inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia e cumpran os requisitos establecidos.
As vivendas resultantes da rehabilitación deberán ser destinadas como residencias habituais en alugueiro por parte de unidades de convivencia con rendas baixas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.44