Miércoles, 08 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 08 de Abril de 2026 a las 14:02:58 horas

Xornal21
Viernes, 22 de Junio de 2018 Tiempo de lectura:
BAIONA

A Xunta licita a execución da senda peonil e ciclista na zona de Santa Marta, en Baiona

Este proxecto, seleccionado no “Estudo para fomento da mobilidade sostible: Sendas peonís e/ou ciclistas na comarca de Vigo”, será financiado con fondos propios.

[Img #42475]

 

A Xunta, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, vén de licitar a obra de execución da senda peonil e ciclista da PO-552, ao seu paso polo termo municipal de Baiona, no treito de Santa Marta, cun investimento de 542.353,61 euros. Unha obra que foi presentada esta semana polo delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, xunto ao alcalde desta localidade pontevedresa, Ángel Rodal.    

 

Cómpre lembrar que esta actuación foi seleccionada no “Estudo para fomento da mobilidade sostible: Sendas peonís e/ou ciclistas na comarca de Vigo” e estaba previsto cofinanciala con Fondos Feder. Pese a que nun primeiro momento redactouse unha solución que se executaría sobre un recheo, o informe desfavorable da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, obrigou a redactar un novo proxecto contemplando unha pasarela. Unha modificación que elevou considerablemente o custe desta obra e que derivou na determinación de financiala con fondos propios e non con fondos europeos, tal e como estaba previsto.

 

O proxecto define unha actuación localizada entre o pq. 15+050 e pq. 15+300. Neste tramo existe unha pasarela de madeira que, por mor das condicións meteorolóxicas ten sufrido danos en diversas ocasións polo que o obxecto do proxecto é a súa reparación. Concretamente abarca os pq. 15+110 e 15+280 e, en substitución, colocarase unha nova de madeira de 4,5 metros fronte aos 3 actuais.

 

 

 

 

As empresas interesadas na execución destas actuacións, que contan cun prazo de execución de 3 meses, poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 16 de xullo

 

 

 

 

Segundo explicou o representante autonómico, nos 60 metros anteriores á pasarela está previsto una lixeira ampliación do ancho existente ata os 4,5 metros, reducindo para ilo a zona axardinada. Ensancharase, apuntou López-Chaves, a zona destinada ao tránsito peonil mediante lastro de formigón e habilitarase unha banda diferenciada de 2 metros para a circulación de ciclistas.

 

Xa no último tramo, na transición entre a pasarela e o paseo actual, a zona destinada á circulación de ciclistas sinalarase cun tratamento superficial, co obxectivo de diferenciala da correspondente ao tránsito peonil.
As empresas interesadas na execución destas actuacións, que contan cun prazo de execución de 3 meses, poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 16 de xullo. Na seguinte ligazón pódese ampliar a información relativa a este anuncio: https://goo.gl/Nppukd

 

Segundo indicou López-Chaves, a Xunta está a executar este tipo de actuacións coa fin de promover unha mobilidade máis sustentable, favorecendo modos de desprazamento menos contaminantes e alternativos á utilización do vehículo particular, porque estas sendas permitirán que os usuarios poidan facer desprazamentos cotiás andando ou en bici dun xeito seguro. Neste senso, recordou que a Axencia Galega de Infraestruturas executará na comarca de Vigo, ao abeiro do Plan de Sendas de Galicia, aproximadamente 12,5 quilómetros de novas sendas, cun orzamento que se achega aos 5 millóns de euros.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.