MOTOR
Traballadores de PSA Vigo proban os exoesqueletos que lle axudarán no seu traballo
![[Img #42484]](upload/img/periodico/img_42484.jpg)
O Centro de Vigo de Groupe PSA, coa colaboración de CTAG (Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia) e de MUTUA UNIVERSAL, está a realizar desde hai meses un estudo de dispositivos de asistencia física (exoesqueletos).
Os exoesqueletos son dispositivos que facilitan asistencia á actividade muscular de determinadas zonas anatómicas a través de medios activos (con enerxía) ou pasivos (con redistribución mecánica a outras zonas musculares), contribuíndo así á prevención de trastornos musculo- esqueléticos.
A colaboración das tres entidades enmárcase na importancia que Groupe PSA outorga á preservación da saúde e o benestar do conxunto dos traballadores e permite unha análise rigorosa e en profundidade sobre as achegas deste tipo de dispositivos.
Groupe PSA achega a súa experiencia no proceso de fabricación en liña e nas melloras ergonómicas, os expertos internacionais en exoesqueletos da área de Procesos/Innovación de CTAG analizan a apropiación e eficiencia nos procesos e os expertos do Laboratorio de Ergonomía de MUTUA UNIVERSAL desenvolven as técnicas de medición neurofisiológica da actividade muscular por electromiografía de superficie e a análise de movemento 3D.
Antes de iniciar as probas, estes expertos (médicos, ergónomos, fisioterapeutas, psicólogos e enxeñeiros) definiron conxuntamente uns protocolos metodolóxicos co fin de garantir a coherencia entre os resultados finais do estudo e os obxectivos buscados. Os protocolos constituíronse en varias fases sucesivas con probas a superar.
Segundo o Responsable do Servizo Médico do Centro de Vigo, Dr. Jose Luís Martinez-Murillo Méndez, “o primeiro que se lle pide a calquera dispositivo deste tipo é que supoña unha axuda para o usuario, facilitándolle a realización de determinadas tarefas, pero sen xerar efectos contrarios para o seu confort ou a súa saúde”.
A Responsable de Ergonomía da planta, María Isabel Fontano Branco, explica que, por esta razón, “é importante realizar estudos previos antes de adoptar este tipo de dispositivos, xa que non todos os dispositivos dispoñibles no mercado resultan adecuados para o confort e a saúde das persoas, ao mostrar máis inconvenientes para o seu uso que vantaxes (peso excesivo, incomodidade de uso, etc.)”.
Os test realizados no Centro de Vigo inclúen varias fases obxectivas (medicións técnicas) e subxectivas (análises da percepción dos usuarios tras o seu uso). Ao final de cada fase de probas realízase un balance dos resultados que se concreta nunha decisión de “ GO” (continuar o estudo) ou “NON GO” (non continuar o estudo e descartalo).
Actualmente, o Centro de Vigo está a realizar a fase final do estudo (test en liña de Montaxe) dun exoesqueleto, que asiste nas operacións con brazos levantados (postos baixo caixa), transmitindo as cargas (o propio peso dos brazos) ás cadeiras-pernas a través dun eixo vertical que fai as veces de columna vertebral. A finalización destes test está prevista para inicios do mes de xullo e os seus resultados serán compartidos co resto das plantas de Groupe PSA.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.67