Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 28 de Junio de 2018 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

O Espazo Fortaleza convértese nun gran obradoiro de arte con seis recoñecidos escultores

Paralelamente, o Mercado Municipal acolle unha exposición dos escultores participantes no simposio, que poderá verse, tamén, até fin de mes

[Img #42582]

 

O Simposio de Escultura do Miño, aberto a todos os públicos, continúa desenvolvéndose no Espazo Fortaleza de Goián.


Os visitantes poden ver traballar “en vivo” a seis escultores de distintas partes do mundo, que van dando forma cada un a súa obra; obras que quedarán nos municipios de Tomiño e Vila Nova de Cerveira, organizadoras do evento.


Dende o pasado día 11, os artistas traballan cara ao público no Espazo Fortaleza de Goián. As persoas que se acheguen estes días, poderán ver ao escultor búlgaro Zdravko Zdravkov, membro da Unión de artistas de Bulgaria; participante en simposios de escultura en Oman, Qatar, Irán, Turquía, India, Alemaña, etc. Outro colega e compatriota é Minchev, escultor que traballa no eido da escultura monumental, ten máis de 15 exposicións individuais, e é profesor na Universidade de Veliko Turnovo.


O escultor vigués Remigio tamén está a facer a súa obra no Espazo Fortaleza de Goián, executando a súa escultura en varios materiais. Este artista imparte clases na Escola de Artes de Vigo e ten numerosas exposicións, certames e bienais ao longo do país e simposios internacionais.


Tomiño é tamén gran taller para  Filin, escultor italiano, profesor na Academia de Artes de Sofía e Carrara e gañador de numerosos premios de escultura.


O Espazo Fortaleza acolle, asemade, a obra de Batu, nado en Xeorxia, con posgrao nas academias de Belas Artes de Tbilisi e Unión de Moscú, e actual presidente do departamento de escultura da Universidade de Boston (EE.UU), onde vive.


E por último, Zhao Li (China), quen estudou escultura na Academia de Artes e Deseño da Universidade Tsinghua, e conta con máis de 50 obras públicas en numerosos países.


EXPOSICIÓN NO MERCADO Paralelamente, o Mercado Municipal acolle unha exposición dos escultores participantes no simposio, que poderá verse, tamén, até fin de mes.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.